Segundo informou o alcalde este mércores, a maior parte das peticións chegou por vía telemática pero está dispoñible tamén a atención presencial, en horario de mañá e de tarde, ata o vindeiro 2 de febreiro.
O prazo de solicitude abriu o pasado sábado, 3 de decembro, e poderá presentarse a documentación para recibir a axuda para os libros ata o vindeiro 2 de febreiro. O Concello estima que serán 25.000 as solicitudes realizadas tendo en conta os datos de matriculación do alumnado de Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria ou Educación Especial do termo municipal de Vigo.
“Xa recibimos máis de 2.000 solicitudes”, informou Caballero e a meirande parte realizouse por vía telemática na web www.vigo.org. Con todo, está dispoñible a atención presencial, mediante a que pode facerse a solicitude a través do Rexistro municipal, en horario de mañá e de tarde, con axuda do persoal municipal: de luns a xoves: de 9-14h e de 16-20h. Os venres en horario de mañá, entre as 9 e as 14 horas.
O prazo de solicitude está aberto desde o pasado sábado, 3 de decembro, e permanecerá activo ata o 2 de febreiro. Hai, por tanto, dous meses para poder realizar o trámite.
Cada familia recibirá 205 euros por neno, aproximadamente o custo dos libros, para o que o Concello destinou 5,2 millóns de euros. O rexedor lembrou este mércores os requisitos que deben cumprirse para solicitar a axuda: nenas ou nenos matriculados nun centro público ou concertado en Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria ou Educación Especial do termo municipal de Vigo. Soamente é necesario presentar unha solicitude por unidade de convivencia (pode incluír a varios fillos/as), o DNI do solicitante, o Libro de familia ou documentación acreditativa dos membros da unidade familiar, o certificado matrícula do centro escolar e o IBAN da conta da persoa solicitante da axuda.
Para hoy en Vigo se prevén cielos cubiertos con lluvia. Las temperaturas se moverán entre…
Escoitar Abel Caballero trasladou este martes a 40 alumnos do Colexio Quiñones de León a…
Escoitar Alumnado do centro percorreu este martes as dependencias dos principais servizos do Concello de…
martes, 14 mai 2024 O Museo de Arte Contemporánea de Vigo desenvolve, desde hoxe ata…
O rexedor recibiu na tarde de onte ás xogadoras e corpo técnico da Asociación Deportiva…
O alcalde deu o pistoletazo de saída á cuadraxésima edición do Gran Premio Cidade de…
Esta web usa cookies.