Inicio Últimas Noticias O goberno municipal licita as ramplas mecánicas do centro de saúde de...

O goberno municipal licita as ramplas mecánicas do centro de saúde de Lavadores

A Xunta de Goberno Local aprobará o vindeiro venres a licitación para a implantación do mecanismo que conectará a rúa Ramón Nieto coa contorna do centro de saúde de Lavadores e o colexio Fonte Escura e que inclúe a humanización de toda a contorna.

Abel Caballero explicou que o Concello investirá 1.814.000 euros para executar esta obra que conta cun prazo de execución de 10 meses e que previsiblemente poderá iniciarse no mes de marzo.

O proxecto contempla as actuacións necesarias para rehabilitar e renovar a contorna urbana do centro de saúde de Lavadores e o Colexio Fonte Escura, entre a Avenida Ramón Nieto e Travesía de Barreiro. A rampla salvará unha pendente duns 11 metros nunha lonxitude de 40 metros, en tres tramos, que conforman un corredor mecánico que facilitará o desprazamento da cidadanía ao centro sanitariO goberno municipal instalará as ramplas mecánicas e acometerá a humanización da contorna creando novos espazos mediante a ordenación viaria e a renovación dos servizos urbanos: abastecemento, saneamento e alumeado. A obra contempla a renovación do saneamento, unha nova rede de pluviais, mellora da eficiencia enerxética, instalación de puntos de luz con tecnoloxía led, novos pavimentos, mobiliario e espazos verdes. Amais, o alcalde sinalou que se executará unha zona estancial para descanso e goce da cidadanía.

Leer más:   Vigo en alerta por una partida de pollo con salmonella que podrías tener en casa

Esta actuación do Concello súmase ás que xa están en marcha dentro do programa Vigo Vertical: o ascensor HALO, o ascensor da Praza da Estación que xa está en funcionamento; están en marcha a rampla de acceso ao Centro de Saúde de Teis, as ramplas de Escultor Gregorio Fernández, o ascensor e rampla para conectar Travesía e Aragón e as escaleiras mecánicas de Talude moi avanzadas. Amais executarase unha rampla en Serafín Avendaño; está avanzado o acceso mecánico desde rúa Carral a Porta do Sol, trabállase na conexión de Romil con Hispanidade por ascensor igual que na rampla do Colexio Losada con Ramón Nieto e esta a completarse o corredor mecánico entre Camelias e Hispanidade.

Leer más:   O goberno municipal aproba a convocatoria de becas de comedor, libros e material por 1.427.700 euros

Atención a vítimas de violencia de xénero

A Xunta de Goberno Local do vindeiro venres dará luz verde tamén á adxudicación da contratación dos servizos do Programa de intervención de apoio familiar e social con persoas usuarias da rede municipal de vivendas de protección para vítimas de violencia de xénero, que ten un orzamento de 37.000 euros. Será adxudicada previsiblemente á Fundación Aldaba, que presentou melloras na experiencia laboral en proxectos de intervención sociofamiliar con mulleres e/o menores en situación de violencia de xénero e que incrementa a formación en materia de igualdade do persoal en 60 horas.

O alcalde explicou que amais da “salvagarda física, o apoio moral e a atención, unha parte moi importante desta loita é o emprego e a independencia económica” e, con ese fin, nace este programa. O Concello dedica anualmente á loita contra a violencia de xénero 1,5 millóns de euros e a cidade conta cun espazo de acollemento para vítimas de toda Galicia porque “esta lacra debe ser combatida con tódalas forzas dispoñibles”.

Leer más:   As fontes de Aragón ilumínanse o domingo polo Día mundial da hipertensión pulmonar


- Te recomendamos -
Artículo anteriorO Concello xa recibiu máis de 2.000 solicitudes para as axudas de libros
Artículo siguienteA campaña “Grazas xoguetes” xa pasea por Vigo nos Vitrasa animando a regalar sen estereotipos