Categorías: Últimas Noticias

O alcalde pon en valor a seguridade do Túnel de Lepanto e a fluidez que supoñerá no tráfico

Desde este luns, 12 de decembro, queda aberto á circulación o túnel que conecta o centro da cidade coa autoestrada AP9 desde a contorna de Vialia. “Unha obra da maior envergadura, con moita luz e dotado do maior nivel de seguridade”.

Abel Caballero, acompañado de parte do seu equipo de goberno, participou este luns na posta en funcionamento do túnel de Lepanto que conecta o centro de Vigo coa autoestrada AP9, substituíndo o antigo paso elevado sobre a rúa Alfonso XIII. “É unha obra da maior envergadura”, dixo en rolda de prensa ante os medios de comunicación, “que vai dar unha enorme fluidez ao tráfico no centro da cidade”.

Tal e como expuxo, o túnel ten 250 metros de longo e un tramo en superficie na conexión coa autoestrada, presenta unha pendente destacada e servirá para “dar calidade, seguridade e rapidez ao tráfico”. Sendo “completamente autónomo”, conecta a cidade coa autoestrada formando parte do “complexo sistema de comunicacións” na contorna da estación de Urzáiz onde haberá outro túnel que conduce desde a autoestrada aos aparcamentos de Vialia e que permitirá o acceso dos camións de mercancías ao centro comercial. Ademais, hai unha entrada e saída en superficie á estación de autobuses.

O orzamento total da obra ascende a 24,6 millóns de euros, dos que ADIF achega o 70%, uns 17,2 millóns de euros, o Concello 3,77 millóns de euros, (o 15,4%), a Xunta 720.000 euros e os fondos europeos o 12% do custo das actuacións. O alcalde salientou que “o principal financiador é ADIF, hai dous financiadores importantes que son os Concello e os fondos europeos e a participación moi menor do 2,9% da Xunta de Galicia”.

Caballero explicou que o túnel de Lepanto “ten moita luz e cores brancas” e está dotado dun equipamento completo “no maior nivel de seguridade dun túnel nestes momentos” que inclúe paneis de mensaxería variable en tempo real; instalacións de electricidade (grupo electróxeno, cadros de BT, iluminación (proxectores e puntos de luz) e ventilación (ventiladores, opacímetros, que miden a densidade do aire no interior activando ventiladores se é preciso, sondas, cataventos); sistemas de detección de incendios e gases (cable e central), así como de extinción de incendios (bombas PCI, tubaxes, hidrantes); sistema informático de detección de fumes; megafonía (por cable e altofalantes); conta con CCTV – DAI, un sistema de detección automática de incidentes; saída de emerxencia cara aos espazos intersticiais, dotada de portas a proba de lumes, sinalización, kit de sobrepresión e de iluminación; un sistema de control de accesos (sinalización de emerxencia, panel aspa-frecha, semáforos, barreira) e de aforo. Ademais, dispón dun sistema de automatización, control (postes SOS, rack, estación remota, switch’s, licenzas e servidores) e sistema de radiocomunicación; existe un cuarto técnico baixo a Praza de Estación, onde se concentran os controladores de todos os sistemas de explotación e emerxencia instalados, rack de comunicacións, así como grupo electróxeno, SAI, sistema de bombeo PCI e alxibe de 120 metros cúbicos.

O control de todas as instalacións do túnel realízase desde a sala de control de tráfico do Concello de Vigo as 24 horas do día, dispoñendo en toda a súa extensión de cámaras de vixilancia que gravan as 24 horas do día, todos os días do ano, baixo a supervisión legal da Sala de Tráfico e da Policía Local.

Coa posta en funcionamento do túnel de Lepanto, o goberno municipal continuará coa limpeza das zonas verdes e a obra do ascensor Halo, que requirirá o peche do túnel, aproximadamente desde 15 de febreiro a 15 de marzo, xa que os círculos do ascensor debe ser izados desde o solo. Ao remate destes traballos, o túnel quedará aberto de xeito permanente.

Redacción

Entradas recientes

A unanimidade do Pleno pide á Xunta a reforma dos centros educativos públicos da cidade

A moción socialista defende a obrigatoriedade do goberno autonómico de garantir que os escolares “poidan…

8 horas hace

A Corporación insta á Xunta a financiar voos no Aeroporto de Vigo

No pleno aprobouse a moción do Grupo Socialista na que se insta ao goberno autonómico…

8 horas hace

O Concello de Vigo, líder en España no pago a provedores, con 6,5 días de media

O Concello de Vigo é líder en España no prazo de pago a provedores, cunha…

8 horas hace

El campus de Cesur en Madrid: un gigante de la formación profesional en España

Cesur, referente en Formación Profesional en España, anunció este lunes la inauguración de Cesur Campus,…

12 horas hace

Shein, Zara y H&M dominan el mercado de la moda online en España

El mercado de la moda online en España está liderado por Shein, seguido de cerca…

13 horas hace

Prosegur reporta un crecimiento del 32% en su beneficio neto consolidado, logrando 17 millones en el primer trimestre del año

Prosegur ha obtenido un beneficio neto consolidado de 17 millones de euros durante los primeros…

14 horas hace

Esta web usa cookies.