Categorías: Últimas Noticias

O Concello entregou no que vai de ano máis de 43.000 axudas de emerxencia

Durante o ano 2022, o goberno local adxudicou xa máis de 43.000 achegas de emerxencia que beneficiaron a preto de 12.000 persoas. Na última comisión de valoración outorgáronse 130 axudas, das que 48 foron para vivenda.

O Concello concedeu na última comisión de valoración 130 axudas de emerxencia por valor de máis de 27.000 euros. Segundo detallou o alcalde, 48 destas achegas, por valor de máis de 27.000 euros, foron para gastos de alugueiro; 26 para alimentación, cun importe de 10.000 euros; 2 para para produtos de óptica, 23 para subministro de auga, 25 para luz e gas, entre outros. No que vai de ano, concedéronse máis de 43.000 axudas para case 12.000 persoas. Ademais, subliñou o rexedor, estas achegas son compatibles co Ingreso Mínimo Vital, ao contrario do que sucede coa Risga, xa que a Xunta non permite esta compatibilidade.

Dispositivo frío

O goberno local mantén operativo o dispositivo de frío e a unidade de rúa funciona todos os días. Entre o 28 de novembro e o 5 de decembro, déronse 70 altas nos albergues de Marqués de Valterra ou no de Santa Cruz, co que o Concello ten un convenio. Distribuíronse bebidas quentes e mantas, ademais de recordar ás persoas sen teito que non queren pernoctar, que teñen a opción de refuxiarse do frío no albergue, nunha sala onde se lles servirá bebida quente ademais de poder usar ordenadores, ver a televisión ou ler xornais. Nestes momentos hai 20 prazas vacantes, tanto para mulleres como para homes, sinalou.

Redacción

Entradas recientes

Vigo rexistra unha ocupación hoteleira do 59% no mes de abril

O alcalde cifrou a ocupación hoteleira por turistas internacionais nun 39% do total. A Xunta…

12 horas hace

As fontes de Aragón ilumínanse o domingo polo Día mundial da hipertensión pulmonar

Escoitar O Concello súmase á conmemoración desta xornada, que se celebra en todo o mundo…

12 horas hace

Caballero pon en valor o apoio ao naval coa Zona de Innovación a despregar en Navalia

Abel Caballero presentou hoxe, con David Regades, a nova Zona de Innovación 2024 que, do…

12 horas hace

O goberno municipal aproba a convocatoria de becas de comedor, libros e material por 1.427.700 euros

A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe as bases e a convocatoria das bolsas de…

12 horas hace

O vigués Sen Senra actuará en Castrelos o 25 de xullo

Abel Caballero desvelou hoxe unha nova cita da programación de concertos de verán do "Vigo…

12 horas hace

Esta web usa cookies.