Inicio Últimas Noticias Abel Caballero reúnese co embaixador de España ante a Unesco, José Manuel...

Abel Caballero reúnese co embaixador de España ante a Unesco, José Manuel Rodríguez Uribes

O rexedor recalcou a importancia do encontro desta mañá con Rodríguez Uribes, no que lle trasladou a acción e o traballo do Concello de VIgo a prol da candidatura Illas Cíes Patrimonio da Humanidade.

Na rolda de prensa matinal, o alcalde tratou o tema da candidatura das Illas Cíes a Patrimonio da Humanidade pola UNESCO, explicando que lle entregou “formalmente o resumo de todo aquilo que xa realizamos no ámbito de Cíes, para a súa valoración medioambiental e polo seu recoñecemento social” a José Manuel Rodríguez Uribes. Abel Caballero quixo resaltar “que a candidatura das Illas Cíes é un proxecto gañador”, sobre a que “haberá novidades pronto”.

O alcalde tamén quixo agradecerlle a Uribes, o papel que xogou o exministro de Cultura, co seu “apoio total para que o Goberno de España se fixera cargo da Biblioteca do Estado en Vigo” que terá “unha inversión próxima os 20 millóns de euros” na cidade.

Leer más:   Abre o prazo de inscrición para as visitas ás Illas Cíes do "Camiño a Camiño" os domingos 19 e 26 de maio


- Te recomendamos -
Artículo anteriorCasi 150 euros más: los gallegos consumirán menos, pero gastarán casi 600 euros para esta Navidad
Artículo siguienteO Concello levará a domicilio a cea de Nadal ás persoas usuarias do SAD e da Teleasistencia