Categorías: Últimas Noticias

O Pleno aproba 33 millóns de euros para investimentos na cidade

Abel Caballero destaca as partidas para seguir coas humanizacións, actuar en ámbitos deportivos, culturais e colexios, entre outras accións, tanto no centro como nas parroquias. A utilización dos remanentes saíu adiante cos votos favorables do Grupo Socialista, o PP abstívose e o Grupo Mixto e o edil non adscrito votaron en contra.

Vigo disporá de 33 millóns de euros máis unha vez aprobado de xeito definitivo o crédito extraordinario, que destaca no investimento na humanización de novas rúas, a actuación en ámbitos deportivos, culturais e colexios, entre outras accións, en toda a cidade.

O alcalde celebrou a aprobación, que contou soamente cos votos favorables do Grupo Socialista. Os populares abstivéronse e o Grupo Mixto e edil non adscrito votaron en contra. “É unha mobilización inxente de recursos sen emitir nin un só céntimo de débeda, coa presión fiscal máis baixa de calquera gran concello e cun pago a provedores nun prazo inferior a 9 días”, expresou o rexedor.

Abel Caballero foi crítico coa oposición, aos que lles lembrou que Vigo mudou nos últimos anos e invitoulles a saír a rúa e falar coas persoas sobre a acción do goberno municipal: “Votan en contra de humanizar a rúa Val Miñor, ou o Parque de Navia, a reparación da piscina de Teis, Porta do Sol, rúa Pablo Iglesias, Rotonda Olímpicos, Teixugueiras, grada de Marcador, humanización de Cesáreo Vázquez, skatepark cuberto, Praza Elíptica, escaleira mecánica en Talude, aparcadoiro en Matamá, Praza de San Mauro, modernización do mercado de Teis, cubrición da pista do centro cultural de Bembrive, parece que tampouco apoian a compra e derrube do edificio onde imos facer a biblioteca de Teis, humanización Garrida-Porto, cubrición da pista do colexio Frián-Teis, o entorno de Vialia, Serafín Avendaño, o edificio social de rúa Alta… Cóntenllo ás persoas”.

Para os populares “isto non supón un impulso económico”, o Grupo Mixto lamentou que “se mobilicen recursos que non se executan” y o edil non adscrito cree que “os remanentes non atende a demanda social”. O edil de Facenda, Jaime Aneiros, recriminou á oposición “non ter un plan alternativo” e puxo de manifesto que “non están a atender a realidade”.

“Vigo neste momento é un exemplo en España. Todo o mundo quere ser Vigo. Afortunadamente somos nós”, expresou Caballero antes de levantar a sesión.

Redacción

Entradas recientes

El tiempo para hoy en Vigo, 28 de abril de 2024

Hoy a primera hora en Vigo tendremos nubes y claros con lloviznas generalizadas. A medida…

16 horas hace

Gonzalo Sánchez de PwC España aboga por una banca rentable para el crecimiento nacional

El presidente de PwC España, Gonzalo Sánchez, manifestó que "los resultados del sector financiero son…

23 horas hace

Equipos de la America’s Cup muestran sus cartas con la botadura de los ac75

Con el NYYC American Magic y el Orient Express Racing a punto de desvelar sus…

24 horas hace

Asempleo promueve un pacto general para bajar la tasa de accidentes laborales

En el marco del Día Internacional de la Seguridad y la Salud en el Trabajo,…

1 día hace

Según el NPS, Grupo Albia es la funeraria top en valoraciones en España

Grupo Albia ha sido reconocida, un año más, por su excelencia en el acompañamiento a…

1 día hace

Víctor Manuel en concerto en Castrelos o 14 de agosto

O artista asturiano súmase ao cartel da programación de "VIgo en festas 2024" onde ofrecerá…

1 día hace

Esta web usa cookies.