Inicio Últimas Noticias O Concello inviste 385.000 euros na cubrición da pista deportiva da escola...

O Concello inviste 385.000 euros na cubrición da pista deportiva da escola infantil Vila Laura

O goberno local está a executar as obras de cubrición do patio da escola infantil de Vila Laura, sumándose así aos outros sete centros educativos nos que o Concello xa facilitou un tellado ás áreas de recreo do alumnado. O custo do proxecto é de 384.000 euros, un orzamento que tamén permitirá remodelar a pista deportiva.

O alcalde visitou esta mañá a escola infantil Vila Laura onde se están a cubrir o patio e remodelando a pista deportiva. Cun importe de 384.538 euros, ademais de tapar a zona deportiva, tamén quedará cuberto o espazo de paso existente desde o edificio das aulas. O prazo de execución é de catro meses, segundo detallou o rexedor.

O Concello xa adicou 2,4 millóns á cobertura de 7 patios de colexios: Pintor Laxeiro, Balaídos, García Barbón, Canicouva, Rocío, Castelao e Carballal. Amais, onte mesmo licitouse o proxecto do Frián-Teis, por 350.000 euros, e xa está aprobado o de Javier Sensat, cun orzamento de 366.000 euros.

Leer más:   A Corporación insta á Xunta a financiar voos no Aeroporto de Vigo

Avenida Castelao

O alcalde deu conta esta mañá do inicio das obras de humanización da Avenida Castelao, entre Martín Echegaray e Darío Durán. Trátase dunha remodelación de 1,5 millóns, dos que 1.050.000 euros é achegado pola Deputación de Pontevedra e 500.420 euros, polo Concello. Cun prazo de execución de 9 meses, está previsto actuar en 480 metros da rúa: 450 metros van desde Martín Echegaray ata Darío Durán, e 30 metros correspóndense con Fotógrafo Luis Casado.

O proxecto prevé continuar na liña das actuacións acometidas no entorno, con beirarrúas de granito, renovación de saneamento, abastecemento e alumeado, así como a eliminación de barreiras arquitectónicas. O alcalde enfatizou o incremento da seguridade coa mellora da pavimentación así como coa maior visibilidade dos pasos de peóns. Delimitaranse as zonas de aparcamentos e instalaranse novos puntos de luz, mobiliario urbano e zonas axardinadas.

Leer más:   Alcaldía O Ministerio de Transportes avala todos os proxectos importantes da cidade Abel Caballero mantivo unha reunión esta mañá co ministro de Transportes e Mobilidade Sostible, Óscar Puente, na que, segundo explicou “obtivemos o apoio e o visto e prace a todos os proxectos que lle expuxen para Vigo, absolutamente a todos”.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorCaballero anima á participación no concurso de microcurtas “Historias do Nadal de Vigo en 90 segundos”
Artículo siguienteO Auditorio Mar de Vigo acolle a estrea nacional da exposición "Vanguardias"