Inicio Últimas Noticias O goberno de Vigo triplica as axudas as festas patronais

O goberno de Vigo triplica as axudas as festas patronais

O alcalde explicou este martes en rolda de prensa que o Concello aprobou na Xunta de Goberno Local a subvención por valor de preto de 300.000€.

A Xunta de Goberno Local realizada o venres 16 de decembro aprobou as subvencións para o desenvolvemento das festas tradicionais, patronais, gastronómicas e actividades socioculturais para o período 2021-2022. Este procedemento contempla os eventos realizados dende o 1 de novembro de 2021 ata o 31 de outubro de 2022.

Esta axuda destinase a 77 festas patronais; romarías; festivais e certames, que se celebraron nos barrios e parroquias viguesas, aumentando en 130.000€ a partida. O rexedor remarcou que “no caso concreto das festas patronais, o Concello triplicou a súa achega”, xa que “se cambiou o enfoque para que todas as festas patronais se integren como as de Vigo”.

Leer más:   O alcalde visita as instalacións do CEIP Sárdoma-Moledo


- Te recomendamos -
Artículo anterior“Nos quitan el pan de nuestros hijos”, la indignación de las mariscadoras viguesas contra la pesca furtiva en Navidad
Artículo siguienteO goberno municipal instala na Alameda un “punto lila” contra as violencias machistas