Inicio Últimas Noticias Abel Caballero: “O estudo informativo da saída sur ferroviaria licitarase de xeito...

Abel Caballero: “O estudo informativo da saída sur ferroviaria licitarase de xeito inmediato”

Técnicos municipais mantiveron unha xuntanza co Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana na que se abordaron as dúas opcións que o Goberno de España contempla para a saída sur ferroviaria de Vigo e a conexión con Porto en alta velocidade. “O Goberno de España ten o aval do Concello de Vigo”, expresou.

O Concello de Vigo segue a avanzar xunto ao Goberno de España na tramitación da saída sur ferroviaria da cidade, que fará de Urzáiz unha estación pasante e permitirá conectar Vigo con Porto en alta velocidade. O Concello mantivo unha xuntanza técnica co MITMA na que anunciou que “se licitará de xeito inmediato a saída sur ferroviaria, aínda que será o ministerio o que concrete a data”.

Leer más:   Aberto o prazo ata o 10 de maio para participar na “IX Andaina polos montes de Vigo”

O alcalde coñeceu as dúas opcións do estudo de alternativas que o Goberno de España considera axeitadas para a liña de alta velocidade entre Vigo e Porto: “A condición é que o ferrocarril non estea en superficie en ningún lugar do término municipal de Vigo, e as dúas opcións son en túnel. O que o Goberno de España propón ten o aval do Concello de Vigo”, manifestou Caballero.

Segundo explicou o rexedor, a saída será en túnel, polo baixo da rúa México, e sempre seguindo a liña da estrutura viaria en superficie, soterrado, nuns 20 o 25 metros baixo terra. “Unha vez chega á Avenida de Madrid hai unha opción cerca da actual estrada e outra máis á dereita”, quixo diferenciar.

Leer más:   Alumnado do CEIP Sobreira-Valadares visitan os principais departamentos do Concello

“Isto vai a velocidade de cruceiro. Estamos satisfeitos e de acordo co que o ministerio nos plantexa”, concluíu.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorÚLTIMA HORA | Lágrimas futboleras: fallece Padrón a los 88 años, el legendario guardameta del Celta
Artículo siguienteAbel Caballero satisfeito tras coñecer os plans do Goberno de España sobre a A55, a AP9 e a Avenida de Madrid