Inicio Últimas Noticias Máis de 102.000 persoas visitaron o Belén Monumental de Casa das Artes

Máis de 102.000 persoas visitaron o Belén Monumental de Casa das Artes

O alcalde deu en rolda de prensa esta cifra récord de visitantes, “e aínda falta o groso do Nadal”, puntualizou. A Concatedral acollerá este mércores 28 de decembro o concerto de Nadal cia soprano Beatriz Arenas, acompañada de Leonardo Milanés ao órgano.

Abel Caballero deu conta das persoas que visitaron o Belén Monumental de Casa das Artes ata o momento. A cifra ascende ata as máis de 102.000 persoas, sendo esta un récord histórico. “Aínda falta o groso do Nadal”, expresou o rexedor.

O alcalde manifestou as boas impresións que están a ter as persoas que o visitan: “Non é solo a cantidade, importa a opinión e é extraordinaria. A opinión sobre o Nadal de Vigo é excepcional”, afirmou.

Leer más:   Urbanismo O Concello promove 27 vivendas en Esturáns que estarán rematadas en xullo de 2026 O alcalde achegouse esta mañá á parcela municipal de Esturáns na que se vai construír un edificio enerxeticamente eficiente distribuído en 27 novas vivendas que sairán ao mercado en réxime de alugueiro social. O Concello xa está redactando o proxecto e as vivendas estarán rematadas en xullo de 2026.

Concerto de Nadal na Concatedral

Este mércores 28 de decembro a Concatedral acollerá o concerto de Nadal da soprano Beatriz Arenas, acompañada ao órgano de Leonardo Milanés. Comezará ás 19:30 horas e a entrada é libre ata completar aforo.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorUn vigués hace historia en la Premier League
Artículo siguienteA cidade manterá a ocupación hoteleira no 95% durante toda a semana