Inicio Últimas Noticias A Biblioteca Municipal Neira Vilas galardoada nos IV Premios REBIUN

A Biblioteca Municipal Neira Vilas galardoada nos IV Premios REBIUN

Abel Caballero recibiu na Alcaldía a mención honorífica como recoñecemento ao proxecto “Achegando culturas” da Biblioteca Municipal Neira Vilas, que fomenta a lectura e integración do colectivo xitano na cidade.

A Rede Española de Bibliotecas Universitarias recoñeceu o proxecto “Achegando culturas” da Biblioteca Municipal Neira Vilas. Abel Caballero reuniuse co persoal da Neira Vilas e o director da Biblioteca Universitaria da Universidade de Vigo, que achegaron o accésit especial á Alcaldía.

“Vigo está a traballar desde fai 10 anos en integración social coa Fundación do Secretariado Xitano para fomentar a lectura e a integración do colectivo xitano na cidade”, declarou en rolda de prensa.

Nos IV Premios REBIUN, que premian a bibliotecas non universitarias, Vigo acadou a mención honorífica xunto á biblioteca Rafael Andolz de Zaragoza.

Leer más:   Pleno da Corporación O goberno aproba inicialmente os presupostos de 2024: "Transformadores, redistributivos, con carácter social, e incentivadores da economía de Vigo" A Corporación Municipal de Vigo aprobou este xoves os orzamentos municipais para 2024 co voto a favor do grupo municipal socialista e o rexeitamento dos edís do PP e do BNG. As contas para o próximo exercicio, aprobadas hoxe inicialmente, ascenden a 316,6 millóns de euros. O concelleiro de Orzamentos e Facenda, Jaime Aneiros, asegura que “atenden a todas as necesidades” da cidade, ademais de afondar na “extraordinaria estabilidade” política e económica dunha urbe que conta con “débeda cero”.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorLos niños de Vigo esperan con ilusión la Cabalgata de los Reyes Magos
Artículo siguienteEl tiempo en los próximos días en Vigo