Inicio Últimas Noticias Vigo pechará o Nadal o 15 de xaneiro cun acto na Porta...

Vigo pechará o Nadal o 15 de xaneiro cun acto na Porta do Sol

Abel Caballero mantivo unha xuntanza co sector hostaleiro, hoteleiro e comercial da cidade na que lle solicitaron a prórroga do alumeado de Nadal unha semana máis ante as altas expectativas de retorno económico.

O alcalde mantivo unha xuntanza co sector da hostalería, comercio e hoteleiro da cidade logo de recibir a petición para que as luces de Nadal estiveran unha semana máis en funcionamento, é dicir, ata o 15 de xaneiro. Algo ao que Abel Caballero respondeu afirmativamente. Vigo pechará o Nadal o domingo 15 de xaneiro cun acto ás 20 horas na Porta do Sol.

“En termos de emprego, o sector representa a 30.000 traballadoras e traballadores directos, máis os indirectos e as familias, estamos a falar de 1/3 da cidade, polo que hai que ser sensible a súa proposta”, explicou Abel Caballero en rolda de prensa.

Leer más:   Urbanismo Patrimonio Histórico O goberno municipal desmente que o PXOM retire proteccións en Castrelos e o Castro A concelleira de Urbanismo, María Xosé Caride, desmente as declaracións realizadas onte pola delegada da Xunta en Vigo asegurando que, fronte ás afirmacións realizadas por Ana Ortiz, no novo Plan Xeral de Ordenación Municipal “non existe ningún recorte á protección e, en particular, nin de Castrelos nin do Castro. Ningún”.

O alcalde explicou que o impacto económico é “indescritible”, cunha ocupación hoteleira prevista para a próxima semana do 85%: “Iso significa que van a fluír a Vigo ducias e ducias de miles de persoas e iso son compras en comercios e economía”.

O goberno local aprobará yun crédito extraordinario de un millón de euros para o cambio de 2.000 luminarias na cidade, sumadas ás 3.000 xa orzamentadas: “isto si que é un xesto co aforro enerxético”, concluíu o rexedor.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorVigo tendrá luces de Navidad hasta el 15 de enero
Artículo siguienteLos niños de Vigo esperan con ilusión la Cabalgata de los Reyes Magos