Categorías: Últimas Noticias

Vigo retoma as grandes obras coa finalización do Nadal

O HALO, as ramplas e humanización da Gran Vía, o Paseo de Bouzas ou a Plaza Elíptica reinician o seu avance tras o fin do Nadal.

As obras de Vigo seguen a avanzar logo de ter rematado o Nadal, período no que non estaba permitido traballar neste sector na vía pública para facilitar os desprazamentos nunha festividade con alta afluencia de persoas.

Abel Caballero deu conta das grandes obras, aínda que tamén comezaron outras “importantes pero non significativas para toda a cidade”. Deste xeito, enumerou algunhas como a grada de Marcador, as ramplas e humanización da Gran Vía, o HALO, a praza elíptica “para transformala nun espazo de cultura”, o paseo de Bouzas “unha das máis importantes da cidade e a máis importante da historia de Bouzas”, Purificación Saavedra, Gregorio Espino, as escaleiras mecánicas de Talude, o centro de formación en rúa Alta, plan de mellora de eficiencia enerxética, o túnel de Beiramar “coa mellora da seguridade coa mellor tecnoloxía”, a humanización de Aragón, Romil, Martínez Garrido, Tercio de Afora, Castelao, a rúa Paz Pardo polas correntes de augas, o ascensor entre Travesía e Aragón, Clara Campoamor “que tiña que facela a Xunta”, a cubrición dos patios Villalaura, Javier Sensat e o arranque das ramplas do centro de saúde de Teis.

“Estamos a actuar en toda a cidade, tamén no rural. Estas son as obras máis significativas pero tamén hai outras moi importantes. Para cada un a súa rúa é a máis importante, por iso tamén actuamos no rural”, concluíu.

Redacción

Entradas recientes

El tiempo para hoy en Vigo, 28 de abril de 2024

Hoy a primera hora en Vigo tendremos nubes y claros con lloviznas generalizadas. A medida…

16 horas hace

Gonzalo Sánchez de PwC España aboga por una banca rentable para el crecimiento nacional

El presidente de PwC España, Gonzalo Sánchez, manifestó que "los resultados del sector financiero son…

24 horas hace

Equipos de la America’s Cup muestran sus cartas con la botadura de los ac75

Con el NYYC American Magic y el Orient Express Racing a punto de desvelar sus…

1 día hace

Asempleo promueve un pacto general para bajar la tasa de accidentes laborales

En el marco del Día Internacional de la Seguridad y la Salud en el Trabajo,…

1 día hace

Según el NPS, Grupo Albia es la funeraria top en valoraciones en España

Grupo Albia ha sido reconocida, un año más, por su excelencia en el acompañamiento a…

1 día hace

Víctor Manuel en concerto en Castrelos o 14 de agosto

O artista asturiano súmase ao cartel da programación de "VIgo en festas 2024" onde ofrecerá…

1 día hace

Esta web usa cookies.