Categorías: Últimas Noticias

Vigo suma a praia de Bouzas e a Vía Verde á solicitude das Bandeiras e Sendeiros Azuis de 2023

O alcalde avanzou este mércores que a Xunta de Goberno Local aprobará a solicitude municipal das bandeiras e sendeiros azuis do ano 2023 conformada por 12 areais e 4 sendeiros, polo que aspira a 16 condecoracións.

Vigo conta nestes momentos con 11 bandeiras e 3 sendeiros azuis o que nos sitúa, segundo Abel Caballero, como a “cidade de España con máis bandeiras azuis e imos solicitar unha máis: a do Adro de Bouzas”, polo que a cidade poderá lucir 12 bandeiras azuis nos areais.

A solicitude do Concello inclúe a praia do Adro en Bouzas, A Punta, Carril, Santa Baia, Tombo do Gato, Argazada, Samil, Fontaíña, O Vao, Canido, Fortiñón e a de Rodas nas Illas Cíes. Ademais incorpórase un novo sendeiro azul: o da Vía Verde de Vigo que transcorre pola antiga liña de ferrocarril á cidade. Súmase así aos tres xa recoñecidos: “Camiño a Beiramar” que discorre por tres tramos do río Lagares: entre a Avda. de Madrid ata a desembocadura; o tramo desde a desembocadura do río Lagares á praia do Adro en Bouzas; e o tramo desde a desembocadura do río Lagares ao areal de Canido; a Senda entre Faros nas Illas Cíes que parte da praia de Rodas e bifúrcase chegando ao faro da illa de Monteagudo e ata o faro de Montefaro e a Senda Litoral e do Monte da Guía en Teis, que transcorre polo monte, a praia da Punta e a Etea.

“Imos ter 12 bandeiras azuis e 4 sendeiros azuis: 16 condecoracións; somos o municipio con máis condecoracións azuis de toda España”, apuntou o rexedor, que explicou que os criterios para obter o galardón de Bandeira Azul establecen a garantía da calidade das augas de baño, a información e educación ambiental, a xestión ambiental e seguridade e os servizos e instalacións. E os sendeiros azuis garanten a adecuación desas rutas a criterios medioambientais.

Redacción

Entradas recientes

Alumnado do Colexio O Pombal achégase aos escenarios da Reconquista co programa "A máquina do tempo"

Escoitar Abel Caballero explicou este venres aos 40 alumnos do Colexio Plurilingüe O Pombal que…

1 hora hace

Novos actores "debutan" nas "XIV Xornadas Municipais de Teatro Escolar"

Escoitar Abel Caballero animou ao alumnado do Ceip Belesar e da Escola Municipal de Teatro,…

1 hora hace

Abel Caballero insta á Xunta a pagar liñas de autobuses lanzadeiras desde Vigo ata o aeroporto de Santiago

Abel Caballero instou hoxe á Xunta de Galicia a pagar as lanzadeiras de Vigo ata…

1 hora hace

O rexedor asiste á conmemoración do Día de Europa

A Axencia Europea de Control da Pesca, con sede na nosa cidade, celebrou esta mañá…

1 hora hace

Avanzan as obras de urbanización da contorna de Hernán Cortés

O alcalde anunciou que nos próximos días abrirá ao tráfico, “especialmente para peóns”, a parte…

1 hora hace

Esta web usa cookies.