Categorías: Últimas Noticias

O alcalde louva o traballo da Axencia Europea de Control da Pesca cos novos patrulleiros

Abel Caballero participou no acto de presentación dos tres novos patrulleiros da Axencia Europea de Control da Pesca que velarán pola seguridade nos caladoiros internacionais.

Vigo acolleu o acto de presentación dos tres novos barcos patrulleiros da Axencia Europea de Control da Pesca. Abel Caballero felicitou á Axencia polo traballo: “Isto é un fito. O control é a norma son fundamentais. Facedes un traballo excepcional”, dixo aos asistentes.

O alcalde afirmou que “Vigo é unha cidade do mar e a pesca” e manifestou “sentir o orgullo de dar acomodo á Axencia Europa de Control da Pesca”. Para Caballero “aínda hai moito recorrido na pesca” e aposta “por facer e construír, pescar e preservar”.

O rexedor aproveitou a presencia da directora xeral da DG MARE da Comisión Europea para expresar o rexeitamento aos regulamentos aprobados para a pesca en augas profundas e reclamou que fora máis rigoroso, coa análise científica pertinente, e pediu facelo “desde a cordialidade porque Europa tamén é un espazo de debate”.

Caballero puxo de manifesto a importancia da pesca para Vigo, como cando a cidade acolleu a Mesa da Ciencia Pesquera de toda España ou como o Goberno de España elixiu Vigo para a primeira reunión de pesca do Consello da UE presidido por España no segundo semestre do ano 2023.

No acto tamén interviron a directora da Axencia Europea de Control da Pesca, Susan Steele; a directora xeral da DG MARE da Comisión Europea, a secretaria xeral do Mar, a conselleira do Mar e a ministra de Agricultura e Alimentación de Portugal.

Redacción

Entradas recientes

El tiempo para hoy en Vigo, 4 de mayo de 2024

Durante las primeras horas del día en Vigo el cielo estará cubierto con lluvia. Por…

20 horas hace

Vigo rexistra unha ocupación hoteleira do 59% no mes de abril

O alcalde cifrou a ocupación hoteleira por turistas internacionais nun 39% do total. A Xunta…

1 día hace

As fontes de Aragón ilumínanse o domingo polo Día mundial da hipertensión pulmonar

Escoitar O Concello súmase á conmemoración desta xornada, que se celebra en todo o mundo…

1 día hace

Caballero pon en valor o apoio ao naval coa Zona de Innovación a despregar en Navalia

Abel Caballero presentou hoxe, con David Regades, a nova Zona de Innovación 2024 que, do…

1 día hace

O goberno municipal aproba a convocatoria de becas de comedor, libros e material por 1.427.700 euros

A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe as bases e a convocatoria das bolsas de…

1 día hace

Esta web usa cookies.