Categorías: Últimas Noticias

O Concello oferta 27 espectáculos no “programa máis ambicioso de Vigocultura” para o primeiro semestre de 2023

O alcalde presentou este mércores a programación municipal de artes escénicas, que comeza o 27 de xaneiro con “Pachamama” de Troula Animación en Príncipe, e que ofrece espectáculos de danza, circo, maxia e teatro para tódolos públicos ata o 30 de abril.

“É o programa máis ambicioso de Concello Vigocultura, o máis importante que se fixo nunca. Confiamos en seguir incrementando o número de espectadores con esta gran oferta, ocupando o espazo tan importante da cultura” na cidade, explicou Abel Caballero ao debullar parte dos 27 espectáculos que se desenvolverán entre os meses de xaneiro e abril.

Tal e como sinalou, a programación é para todos os públicos con propostas de teatro, danza, circo, maxia e espectáculos para bebés. Unha proposta municipal que nos últimos anos “estamos consolidando como referente nas artes escénicas de Galicia. Estamos moi satisfeitos” cos resultados, engadiu, xa que Vigocultura sumou 20.000 espectadores no ano 2022.

Desde o 27 de xaneiro e ata o 30 de abril, Vigo contará con 27 compañías que realizarán un total de 92 funcións en 29 datas de programación, cunha aposta polas compañías viguesas, galegas e con presenza de espectáculos do resto de España. Haberá tres estreas mundiais das compañías viguesas: “Maxia na manga”, “DeuVe” e “Juanito e Filomena”, ademais de 8 estreas a nivel galego. A programación dará comezo na rúa do Príncipe, o venres 27 de xaneiro e o sábado 28 de xaneiro ás 19 horas co espectáculo de rúa “Pachamama” dos vigueses Troula Animación. Trátase dunha carroza-móbil con música electro-tribal e monicreques xigantes.

Caballero explicou que, dada a demanda do público, o Concello programa este semestre dobres funcións dos espectáculos para público adulto, con funcións os venres e sábados ás 20 horas e a programación para público familiar será os domingos ás 18 horas. O espectáculo para bebés será o domingo 5 de marzo, con aforo moi reducido e tres sesións: ás 12, 16:30 e ás 18 horas. Ademais, contamos co programa 4X4 para adultos e nenos, cun percorrido por diferentes espazos gozando de catro pezas diferentes.

As entradas poñeranse á venda este venres, 20 de xaneiro, ás 9 horas da mañá a través da web www.giglon.com e presencialmente na librería “Libros para soñar”, rúa Triunfo, 1.

As estreas mundiais previstas son as que seguen:

– Domingo 5 de febreiro, ás 18h: “The best magic trick in the world” de Maxia na Manga, espectáculo para maiores de 6 anos.

– Venres 10 de febreiro (20h): “3240” da compañía DeuVE, teatro contemporáneo para público adulto.

– Venres 10 de febreiro e sábado 11, ás 20h: “ReVolta” de Juanito e Filomena, teatro comedia para celebrar o Día Internacional da Muller.

A programación municipal inclúe tamén varias estreas en Galicia:

– Domingo 12, ás 18h: “A mellor obra da historia” de Spasmo Teatro.

– Venres 17 de febreiro e sábado 18 ás 20h: “Passport”, de Yllana. Teatro comedia coa historia de cuarto cómicos de xira por un país chamado Komedistan.

– Domingo 19 de febreiro, 18h: “As aventuras do león vergoñoso” do Pot Petit. Teatro de monicreques para maiores de dous anos.

– Venres 14 de abril (20h): “Creatura” de Lapso Producións e Malabart. Espectáculo de novo circo para celebrar o Día Mundial do Circo.

– Domingo 16 abril ás 18h: “Latas” de Compañía D’Click, espectáculo de novo circo como celebración do Día Mundial do Circo.

– Domingo 30 de abril ás 18h: “LOOP” de Aracalanza. Danza contemporánea para conmemorar o Día Internacional da Danza.

Redacción

Entradas recientes

El tiempo para hoy en Vigo, 18 de mayo de 2024

A lo largo de la mañana en Vigo el cielo estará cubierto con tormentas y…

11 horas hace

La batalla por Europa League y la permanencia alcanza su punto álgido en la penúltima jornada de LaLiga EA SPORTS

En la próxima jornada 37 de LALIGA, que se inaugura este sábado 18 de mayo…

21 horas hace

Cuarta misión de ISDIN en Mozambique realiza casi 150 cirugías de piel

Un total de 13 médicos especialistas en dermatología de 10 nacionalidades se han desplazado a…

1 día hace

Marlons une fuerzas con Goiko y VICIO en financiación por auge de hamburguesas

Marlons, la emergente cadena de hamburgueserías conocida por sus auténticas “smash burgers” al estilo americano,…

1 día hace

El impacto de las redes sociales en la apariencia de las mujeres según Dove

El 33% de las mujeres sienten presión por alterar su apariencia debido a las imágenes…

1 día hace

El respaldo del fútbol profesional al deporte español en los Juegos de París 2024

Este 2024, año de los Juegos Olímpicos de París que darán comienzo el próximo 26…

1 día hace

Esta web usa cookies.