Categorías: Últimas Noticias

O Concello e Renfe suscriben un acordo para promocionar viaxes a Vigo en tren

Abel Caballero e o presidente de Renfe, Isaías Táboas, asinaron este acordo no marco da Feira Internacional de Turismo para promocionar a cidade olívica como destino turístico e de negocios.

Na mañá de hoxe, Abel Caballero, alcalde da cidade e presidente da Fundación Vigo Convention Bureau, achegouse ao stand de Renfe en FITUR, onde asinou un acordo co presidente da compañia ferroviaria, Isaías Táboas. Con este convenio promocionarase a cidade olívica como destino turístico e de negocios de viaxes en tren. 

O acordo contempla que Renfe ofreza descontos aos asistentes e expositores das actividades que leven a cabo para a promoción do turismo de congresos, convencións e outros eventos que se celebren ou organice a Fundación Vigo Convention Bureau, tanto nos trens AVE como en Longa Distancia. Así mesmo, acordáronse descontos en tren tamén para as ‘Escapadas Temáticas’ ou de Turismo MICE (Meetings, Incentivos, Convencións, Eventos e Congresos) e Grupos. Pola súa banda, a Fundación Vigo Convention Bureau promocionará e publicitará a Renfe como ‘tren oficial’ de todas as actividades que leve a cabo para a promoción do turismo ou de negocios na cidade.

Coa rúbrica deste convenio, poderán obterse ofertas en hoteis, restaurantes, espectáculos, roteiros turísticos ou museos mediante a creación de paquetes turísticos que empreguen o tren como medio de transporte.
 

Redacción

Entradas recientes

Laliga EA Sports: jornada 37, clave para Europa League y permanencia

En la próxima jornada 37 de LALIGA, que se inaugura este sábado 18 de mayo…

2 horas hace

Fundación CyD posiciona a UAX entre las mejores universidades de farmacia

El último ranking elaborado por la Fundación CyD reconoce a la Universidad Alfonso X el…

3 horas hace

La familia Castellano compra 10.000 acciones de Millenium Hospitality, reforzando su inversión

Pablo Castellano Vázquez, consejero de Millenium Hospitality desde marzo, ha reforzado su apuesta por la…

3 horas hace

TÜV SÜD registra ingresos récord de 3.139 millones de euros en 2023

TÜV SÜD ha presentado sus resultados financieros globales en 2023, reportando un incremento en los…

4 horas hace

El tiempo para hoy en Vigo, 18 de mayo de 2024

A lo largo de la mañana en Vigo el cielo estará cubierto con tormentas y…

22 horas hace

La batalla por Europa League y la permanencia alcanza su punto álgido en la penúltima jornada de LaLiga EA SPORTS

En la próxima jornada 37 de LALIGA, que se inaugura este sábado 18 de mayo…

1 día hace

Esta web usa cookies.