Categorías: Últimas Noticias

O proxecto da rampla mecánica de Escultor Gregorio Fernández recibe case 2 millóns de euros de Fondos Next Generation

O alcalde sinalou que a Xunta de Goberno Local aceptou recibir os fondos que se asignan dentro do programa de axudas para o fortalecemento da actividade comercial en zonas turísticas. Tamén se aprobou a transferencia do Concello á Fundación MARCO para o seu programa de actividades e funcionamento para o ano 2023.

O alcalde avanzou esta mañá que na reunión matinal da Xunta de Goberno Local aceptouse recibir 1.911.580,80€ para financiar a rampla mecánica de Escultor Gregorio Fernández. Trátase, explicou, dunha subvención enmarcada dentro dos Fondos Next Generation EU para o fortalecemento da actividade comercial en zonas turísticas.

O alcalde destacou que se trata “dun gran corredor mecánico, dende a parte baixa da cidade, próxima o mar, ata a altura de San Roque e Praza España”, polo que agradeceu o apoio do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo. O conxunto da obra alcanza os 2,5 millóns de euros, “dos que o goberno central paga case 2 millóns e o Concello o restante”.

Conta cun prazo de execución de 11 meses, cunha actuación en 200 metros de rúa que levará a instalación de 5 ramplas, salvando un desnivel de 15 metros, que o rexedor cualificou como “unha pendente insoportable”. Ademais, inclúese a renovación da rede de augas fecais e completar a rede de pluviais da rúa; a construción de zonas axardinadas; renovación da iluminación pública e instalación de nova sinalización horizontal e vertical.

Fundación MARCO

A Xunta de Goberno tamén aprobou este venres a subvención á Fundación MARCO para o seu programa de actividades e funcionamento do ano 2023. Como recalcou Abel Caballero, “o Concello é o principal financiador do MARCO, con 725.000€, aos que sumamos este ano 120.000€ da gran exposición de Laxeiro”, co que os fondos do Concello de Vigo achégase os 850.000€.

Redacción

Entradas recientes

El tiempo para hoy en Vigo, 5 de mayo de 2024

Hoy por la mañana en Vigo el cielo estará cubierto con tormentas y lluvia. Según…

1 día hace

El tiempo para hoy en Vigo, 4 de mayo de 2024

Durante las primeras horas del día en Vigo el cielo estará cubierto con lluvia. Por…

2 días hace

Vigo rexistra unha ocupación hoteleira do 59% no mes de abril

O alcalde cifrou a ocupación hoteleira por turistas internacionais nun 39% do total. A Xunta…

2 días hace

As fontes de Aragón ilumínanse o domingo polo Día mundial da hipertensión pulmonar

Escoitar O Concello súmase á conmemoración desta xornada, que se celebra en todo o mundo…

2 días hace

Caballero pon en valor o apoio ao naval coa Zona de Innovación a despregar en Navalia

Abel Caballero presentou hoxe, con David Regades, a nova Zona de Innovación 2024 que, do…

2 días hace

Esta web usa cookies.