Inicio Últimas Noticias O alcalde, satisfeito, polo compromiso do Goberno de España coa moi alta...

O alcalde, satisfeito, polo compromiso do Goberno de España coa moi alta tensión para Vigo

Abel Caballero manifestou que “é unha gran noticia para a cidade e que Vigo segue avanzando”. O alcalde defendeu este luns no Círculo de Empresarios que Vigo tería a subestación coa moi alta tensión e así o confirmou este martes a vicepresidenta terceira e ministra para la Transición Ecolóxica, Teresa Ribera, tras o Consello de Ministros. Caballero xa solicitara en 2015 esta cuestión, de gran importancia para o tecido industrial da cidade, ao Goberno de Mariano Rajoy, que fixo caso omiso. Precisamente, hoxe en rolda de prensa, o rexedor criticou o silencio de Rueda e Feijóo nese momento.

O alcalde agradeceu á vicepresidenta terceira e ministra de Transición Ecolóxica, Teresa Ribera, o compromiso que fixo público esta mañá de traer a moi alta tensión eléctrica á cidade de Vigo. Ribera confirmou que financiará con fondos europeos esta nova rede de transporte eléctrico así como a subestación en Vigo. “Esta é unha gran noticia para a cidade, é da maior importancia e quero recoñecer ao Goberno de España que cumpriran coa cidade. Caballero explicou que esta decisión vén ligada á acción en Stellantis, ao PERTE da automoción, ao automóbil eléctrico e conectado. Na súa opinión, o Executivo Central está no apoio absoluto á automoción da cidade de Vigo.

Leer más:   Abre o prazo de solicitude das 2.600 prazas para viaxar pola ría co programa "Vigo, cidade amiga dos maiores"

En 2015, lembrou, sendo alcalde fixen este plantexamento ao Goberno de Rajoy que fixo caso omiso. Nese momento, apostilou, Feijoo e Rueda gardaron silencio.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorVigo terá en 2024 un novo parque de bombeiros
Artículo siguienteAbel Caballero: “Vigo alcanza o nivel de turistas máis importante da historia dun mes de decembro”