Categorías: Últimas Noticias

Vigo actualiza o seu Inventario de Bens Municipais

A tenente de alcalde e edil de Patrimonio, Elena Espinosa, deu conta no Pleno da aprobación inicial da actualización do Inventario Municipal de Bens e Dereitos do Concello de Vigo, que conta cun valor de todos eles de 772 millóns de euros. O edil de Facenda tamén deu conta do informe trimestral de Tesourería.

O pleno deu luz verde á aprobación inicial do Inventario Municipal de Bens e Dereitos do Concello de Vigo. Este documento é un instrumento de funcionamento onde constan todos os bens que integran o patrimonio valorado. Segundo explicou a tenente de alcalde e edil de Patrimonio, Elena Espinosa, o valor de todos eles supera os 772 millóns de euros.

Espinosa explicou que no inventarios constan 20.000 bens e que están clasificados en oito epígrafes: bens inmobles, reais, de carácter histórico ou artístico, mobiliarios, vehículos, vehículos e bens de dereitos reversibles. Con todo, defendeu que o instrumento é básico para o desenvolvemento dunha eficiente xestión municipal. Así a concelleira manifestou que o inventario será accesible para toda a cidadanía a través da web do Concello, na que se habilitará nha capa cartográfica cos bens municipais, fichas e planos identificables para que as viguesas e vigueses poidan aportar suxestións e alegacións para a súa corrección e formación.

O edil non adscrito lamentou a tardanza e tamén declarou a necesidade imperativa de contar con o Inventario. O Grupo Mixto pide que o documento sexa “vivo” e con actualizacións permanentes e desde o Partido Popular reclamaron unha actualización da estrutura viaria ao coñecer os viarios contemplados no documento.

A concelleira tamén deu conta da aprobación definitiva da desafectación do dominio público de parcelas e edificacións municipais de equipamento deportivo, reserva de estacionamento e parque urbano de Cornixa nos terreos da antiga ETEA.

Facenda

O concelleiro de Facenda, Jaime Aneiros, deu conta das finanzas pública no cuarto trimestre do ano. Aneiros cifrou en máis de 72 millóns os pagos do último trimestre de 2022 dos que 38,2 millóns aboaranse no mes de decembro. En total foron case 185,5 millóns os pagos feitos polo Concello, algo que segundo manifestou o edil responsable, “di moito do grao de execución da contratación do Concello”.

“Solvencia e eficacia nos pagos e na contratación, como se ve tamén nas rúas coa transformación da cidade”, expresou. A media de pago aos provedores municipais foi de 9 días, 8 en decembro, sendo así a cidade de Galicia que máis pronto paga.

Redacción

Entradas recientes

El tiempo para hoy en Vigo, 5 de mayo de 2024

Hoy por la mañana en Vigo el cielo estará cubierto con tormentas y lluvia. Según…

13 horas hace

El tiempo para hoy en Vigo, 4 de mayo de 2024

Durante las primeras horas del día en Vigo el cielo estará cubierto con lluvia. Por…

2 días hace

Vigo rexistra unha ocupación hoteleira do 59% no mes de abril

O alcalde cifrou a ocupación hoteleira por turistas internacionais nun 39% do total. A Xunta…

2 días hace

As fontes de Aragón ilumínanse o domingo polo Día mundial da hipertensión pulmonar

Escoitar O Concello súmase á conmemoración desta xornada, que se celebra en todo o mundo…

2 días hace

Caballero pon en valor o apoio ao naval coa Zona de Innovación a despregar en Navalia

Abel Caballero presentou hoxe, con David Regades, a nova Zona de Innovación 2024 que, do…

2 días hace

Esta web usa cookies.