Categorías: Últimas Noticias

Caballero insta ao lexislativo a aprobar a norma que achegue seguridade aos planeamentos urbanísticos

O presidente da Federación Española de Municipios e Provincias asegurou que xa existe acordo e que é preciso que a lei se aprobe canto antes. Abel Caballero subliñou o bo funcionamento dos fondos Next Generation EU nos gobernos locais, para os que a cantidade asignada multiplica casi por tres a cifra prevista.

A FEMP pediu avanzar na elaboración dunha norma que achegue seguridade aos concellos para a elaboración dos seus planeamentos urbanísticos. O presidente da FEMP, Abel Caballero, reiterou na Xunta de Goberno os problemas que conleva esta falta de seguridade, sinalando que ao redor do 90% dos plans de urbanismo que chegan ao Supremo son anulados na súa totalidade “moitas veces por unha cuestión menor que non afecta o plan en xeral”.

A xuízo de Caballero, para resolver esta situación, é necesario instar as Cámaras a avanzar na tramitación e aprobación dunha nova norma que, ademais, xa conta con acordo dos grupos parlamentarios. Segundo explicou a FEMP en anteriores ocasións, moitas cidades quixeron adecuar o seu plan ás necesidades actuais e viron como, por defectos de forma, tramitación ou falta de informes, foi anulado.

O actual modelo lexislativo provoca unha situación de incerteza e indefinición xurídica fronte á cal os gobernos locais reclaman maior autonomía para a elaboración e modificación do seu plan. “Estamos no diálogo co Goberno de España e cos grupos políticos do Parlamento -Congreso e Senado- para que aproben con urxencia a modificación da lei, porque hai unanimidade absoluta e é moi importante”, reiterou Caballero.

Na reunión da Xunta de Goberno, celebrada esta mañá na sala Capitular do Concello de Toledo, o presidente tamén informou sobre a posibilidade de manter unha reunión aberta co SEPES para abordar unha proposta relacionada coa vivenda en alugueiro, en concreto “buscar pautas para proporcionar e poñer no mercado, con urxencia, vivendas de alugueiro para que a xente nova, que inicia a súa vida profesional, ou persoas con poucos recursos poidan optar a alugueiros”.

En relación cos fondos europeos Next Generation EU, o presidente subliñou o bo funcionamento e resultados que están a reportar nos gobernos locais, tanto concellos como deputacións, cabildos e consells insulars. As porcentaxes asignadas case triplican na actualidade a cantidade solicitada nun primeiro momento: “Plantexábamos que o 14% de 70.000 millóns viñesen ás entidades locais, e agora estamos no 40%”, manifestou Caballero en relación coas asignacións procedentes do Goberno de España. O presidente da FEMP chamou tamén a atención sobre a situación diversa que existe na asignación de fondos europeos desde as Comunidades Autónomas. “Algunhas comunidades autónomas que reciben fondos do Goberno de España para sacar a concurso nos seus territorios finalmente non os asignan.”

A FEMP celebrará en Alacante a súa próxima Xunta de Goberno e en Madrid a correspondente ao mes de marzo, última das Xuntas de Goberno deste mandato. Así se informou na reunión de hoxe, na que tamén se deu conta da aprobación de varios convenios de colaboración da FEMP con outras entidades; entre estes figura o destinado á realización de accións destinadas á promoción de estilos de vida saudable a través da creación ou rehabilitación de contornas saudables, co Ministerio de Sanidade, ou o que se vai a establecer coa Asociación Ucraína de Cidades (AUC).

Redacción

Entradas recientes

Vigo en alerta por una partida de pollo con salmonella que podrías tener en casa

Alerta en Vigo: Detectan Salmonella en pollo proveniente de España y ordenan su retiro urgente…

8 horas hace

El tiempo para hoy en Vigo, 2 de mayo de 2024

Hoy a primera hora en Vigo el cielo estará cubierto con tormentas acompañadas de lluvia.…

13 horas hace

El tiempo para hoy en Vigo, 1 de mayo de 2024

Durante las primeras horas del día en Vigo habrá cielos nubosos con tormentas acompañadas de…

2 días hace

O Ministerio de Transportes avala todos os proxectos importantes da cidade

Abel Caballero mantivo unha reunión esta mañá co ministro de Transportes e Mobilidade Sostible, Óscar…

2 días hace

La Premier League adopta control económico al estilo LaLiga después de años de pérdidas

La Premier League ha votado a favor de establecer reglas de control económico que toparán…

2 días hace

Esta web usa cookies.