Categorías: Últimas Noticias

A Bouza encheuse de escolares para conmemorar o Día Mundial dos Humedais

O goberno local sumouse á celebración do Día Mundial dos humedais con dúas actividades didácticas e percorridos medioambientais. Hoxe foi a quenda escolar, cunha visita ao humedal da Bouza, mentres que o próximo domingo 5 está previsto un acto familiar con actividades para todas as idades cun roteiro ecolóxico e xogos lúdicos.

O alcalde achegouse esta mañá á Bouza onde estudantes de Primara dos colexios Seis do Nadal e do Illas Cíes realizaron unha visita co obxectivo de recibir información sobre os valores medioambientais dos humidais e a importancia que teñen para preservar a biodiversidade.

Como todos os anos, o Concello de Vigo secundou a campaña de sensibilización da Convención de Ramsar da Unesco a prol das zonas húmidas de todo o planeta, que neste ano ten o lema “Pola restauración dos humidais”.

Tal e como detallou, no termo municipal de Vigo cóntase cunha extensión de humedais que alcanza os 314.000 m2, “gran riqueza ecolóxica”, destacando en augas doces A Bouza, Goberna, Muíños, O Bao, Fontes-Pertegueiras e Barreiro e, en augas salobres, a Xunqueira do Lagares.

Nesta edición 2023 tamén está previsto realizar un evento familiar. Terá lugar o domingo 5 de febreiro. Un percorrido polos humidais do Río Lagares e A Bouza. A convocatoria será ás 09,30 h na Bouza desde onde se trasladará gratuitamente aos asistentes en autobús ata a Xunqueira do Lagares. Ás 10,30h comezará un percorrido interpretado polos humedais do Lagares e A Bouza e ás 11,00 h están previstos xogos medioambientais e lúdicos. A inscrición estará aberta no 010 ata mañá venres, 3 de febreiro.

Redacción

Entradas recientes

El tiempo para hoy en Vigo, 1 de mayo de 2024

Durante las primeras horas del día en Vigo habrá cielos nubosos con tormentas acompañadas de…

1 día hace

O Ministerio de Transportes avala todos os proxectos importantes da cidade

Abel Caballero mantivo unha reunión esta mañá co ministro de Transportes e Mobilidade Sostible, Óscar…

1 día hace

La Premier League adopta control económico al estilo LaLiga después de años de pérdidas

La Premier League ha votado a favor de establecer reglas de control económico que toparán…

2 días hace

La magia del olivar impulsa la actividad turística en pueblos de toda España

El atractivo paisajístico de los olivares en España ha convertido a sus pueblos en un…

2 días hace

El auditor, pieza clave en la reestructuración empresarial según los expertos

Tras un año y medio en vigor, la nueva ley concursal se vislumbra más adecuada…

2 días hace

Esta web usa cookies.