Inicio Últimas Noticias O Concello retoma o programa educativo inclusivo “En Vigo xogamos todos”

O Concello retoma o programa educativo inclusivo “En Vigo xogamos todos”

Máis de 320 alumnos e alumnas de 9 centros educativos coñecerán co club AMFIV o baloncesto en cadeira de rodas e as experiencias dos deportistas co obxectivo de normalizar desde a adolescencia a discapacidade.

Abel Caballero anunciou que os alumnos e alumnas de Vigo volverán a desfrutar do programa “En Vigo xogamos todos” logo destes anos de pandemia. O obxectivo é potenciar entre os rapaces e rapazas a integración a través do deporte da man do club de baloncesto en cadeira AMFIV.

O Concello mobilizará ao redor de 320 alumnos e alumnas de 9 centros escolares os venres pola mañá para ver en directo unha exhibición de baloncesto en cadeira de rodas, coñecer as experiencias dos deportistas e finalmente farán unha proba para ver a dificultade desta especialidade.

Leer más:   Aberto o prazo ata o 10 de maio para participar na “IX Andaina polos montes de Vigo”


- Te recomendamos -
Artículo anterior16.647 familias viguesas solicitan as axudas do Concello para libros
Artículo siguienteBenestar Social Educación 16.647 familias viguesas solicitan as axudas do Concello para libros O alcalde informou este venres do peche do prazo de solicitude da axuda de 205 euros por nena ou neno escolarizado en ensino obrigatorio de Primaria e Secundaria na cidade e felicitou ao persoal municipal polo traballo realizado.