Inicio Últimas Noticias Abel Caballero mostra o seu compromiso e anima a participar na manifestación...

Abel Caballero mostra o seu compromiso e anima a participar na manifestación convocada por SOS Sanidade Pública o 12 de febreiro

O rexedor amosou esta mañá o seu respaldo á manifestación convocada por SOS Sanidade Pública para este domingo ás 12:00 en Santiago. Nunha rolda de prensa compañado polos convocantes fixo fincapé “na preocupante situación da Atención Primaria na cidade”.

Caballero estivo acompañado por Manuel Martín García (voceiro SOS Sanidade Pública de Galicia); Jesús Araujo Nores (Plataforma SOS Sanidade de Vigo); Juan Manuel Loureiro (responsable de Sanidade de UXT Pontevedra); Purificación Bernárdez (Comisións Obreiras de Vigo)e Maria José Fernández González (CIG Saúde de Vigo), nunha rolda de prensa na que animou a cidadanía a participar na manifestación do próximo domingo.

“A situación é moi preocupante, a Xunta de Galicia debe actuar. O señor Rueda debe deixarse de palabras baleiras e de tratar ocultar o fracaso do seu desenvolvemento sanitario” expresou Caballero, que finalmente respondeu con indignación as verbas de onte do presidente da Xunta, remarcando que “os autobuses que partirán de Vigo son financiados por partidos, grupos políticos e sindicatos. O Concello de Vigo non financia nin un céntimo”.

Leer más:   O servizo de teleasistencia do Concello realizou 6.128 chamadas no mes de marzo


- Te recomendamos -
Artículo anteriorVigo solicitará fondos europeos para a dixitalización do ciclo da auga
Artículo siguientePatrimonio Histórico Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia O Concello aproba a rehabilitación integral do Pazo da Raposeira A Xunta de Goberno local deu luz verde este xoves ao proxecto de rehabilitación e acondicionamento do espazo, que ten un orzamento de 1.850.000 euros, e que supoñerá a posta en valor do monumento.