Inicio Últimas Noticias Vigo financiou 9 proxectos de cooperación e axuda humanitaria no ano 2022

Vigo financiou 9 proxectos de cooperación e axuda humanitaria no ano 2022

“Vigo quere seguir a ser unha cidade solidaria” dixo esta mañá o rexedor ao dar conta dos 80.000 euros que o Concello adicou a financiar proxectos de cooperación e axuda humanitaria en 2022. A Xunta de Goberno vén de aprobar as bases da convocatoria destas subvencións para 2023.

O Concello investiu 80.000 euros no ano 2022 en diferentes proxectos de cooperación e de axuda humanitaria. Concretamente, explicou o rexedor, foron cinco as ONG,s que recibiron fondos municipais: Fundación Proclade, para construír tanques de auga en Haití; Manos Unidas, para escolas de campo de agricultores en El Salvador; Asociación Aulas Abertas, mantemento de sete comedores escolares en Perú; Malembe Proxecto, iniciativas educativas no Congo e, por último, Fundación Marista, con proxectos educativos en El Salvador. Ademais, engadiu, o goberno local dedicou 20.000 euros a axuda humanitaria en Venezuela e Siria, a través de Acnur e Unicef, respectivamente.

Leer más:   Vías e Obras Travesía de Vigo e Aragón xa se comunican por un corredor mecánico que salva 17 metros de altura O alcalde participou esta mañá na inauguración do novo corredor do programa “Vigo Vertical” que inclúe un ascensor e unha rampla mecánica e no que se investiron máis de 1,5 millóns de euros, unha parte financiados con fondos Next Generation.

O alcalde deu conta tamén da aprobación para 2023 das bases e convocatoria de subvencións a organizacións non gubernamentais para a realización de proxectos de cooperación. O importe é de 60.000 euros con acceso a través da libre concorrencia.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorAbel Caballero: “O ano que vén convocaremos 50 becas de francés e 50 de alemán, sumadas ás 900 de inglés”
Artículo siguienteEducación Alcaldía Abel Caballero: “O ano que vén convocaremos 50 becas de francés e 50 de alemán, sumadas ás 900 de inglés” O alcalde avanzou que hoxe e mañá realizarase a entrega de diplomas do programa municipal de inmersión lingüística “Vigo en inglés”, que terá lugar no Auditorio Mar de Vigo.