Categorías: Últimas Noticias

Caballero destaca a figura de José Gil “pai do cinema galego” e o seu extraordinario legado

O rexedor participou na presentación do proxecto “José Gil. Pontevedra provincia de cinema, na orixe do cinema”, que levará este ano por toda a provincia exposicións, charlas, proxeccións e música

O alcalde participou esta mañá na presentación de “José Gil. Pontevedra provincia de cinema, na orixe do cinema”, un proxecto cultural que homenaxea ao “pai do cinema galego” e que percorrerá ata final de ano toda a provincia con exposicións, charlas, música e proxeccións co obxectivo de achegar a todos a histórica figura do cineasta e fotógrafo nado en Rubiós (As Neves) e que instalou en Vigo a súa base principal.

“A figura de José Gil, que tanto traballou na nosa cidade, déixanos un legado histórico moi importante, unha maneira de entender o mundo que arraiga no máis profundo de todos nós”, asegurou Caballero.

O rexedor lembrou a importancia que o cinema tivo na súa nenez, cando “nos colábamos no teatro de Tui para ver películas”, e o valor do “cinema móbil” que patentou Gil. “Nunha camioneta como a que recrearon para esta exposición lograba achegar as proxeccións ás poboacións con menos recursos e iso foi esencial para que o cinema formase parte da cultura colectiva”. Destacou o valor das pezas que filmou Gil, entre as que se atopan todas as festas de Vigo entre 1910 e 1934, partidos de fútbol, entroidos, etc.

Á presentación, celebrada no Museo Marco, acudiron tamén Carmela Silva, presidenta da Deputación de Pontevedra, promotora do proxecto xunto coa Editorial Galaxia e Vía Láctea Films, que estiveron representados polos seus directores, Francisco Castro e Ignacio Vilar, respectivamente. Ademais, participou Manolo González, autor de “Nos días encantados de agosto. Unha biografía de José Gil”, e o fotógrafo Carlos Méndez e a restauradora Lucía Concepción, que explicaron o funcionamento da cámara de placa húmida que utilizaba Gil a principios do século XX.

En Vigo, as actividades deste proxecto poderanse gozar a finais do mes de outubro.

Redacción

Entradas recientes

El tiempo para hoy en Vigo, 6 de mayo de 2024

Durante la mañana en Vigo se esperan nubes y claros con probabilidad de alguna llovizna.…

5 horas hace

El tiempo para hoy en Vigo, 5 de mayo de 2024

Hoy por la mañana en Vigo el cielo estará cubierto con tormentas y lluvia. Según…

1 día hace

El tiempo para hoy en Vigo, 4 de mayo de 2024

Durante las primeras horas del día en Vigo el cielo estará cubierto con lluvia. Por…

2 días hace

Vigo rexistra unha ocupación hoteleira do 59% no mes de abril

O alcalde cifrou a ocupación hoteleira por turistas internacionais nun 39% do total. A Xunta…

3 días hace

As fontes de Aragón ilumínanse o domingo polo Día mundial da hipertensión pulmonar

Escoitar O Concello súmase á conmemoración desta xornada, que se celebra en todo o mundo…

3 días hace

Esta web usa cookies.