Inicio Últimas Noticias O prazo para solicitar a participación no programa “Vigo en inglés” comezará...

O prazo para solicitar a participación no programa “Vigo en inglés” comezará en marzo

O Concello abrirá a principios de marzo a convocatoria para participar na próxima edición de “Vigo en inglés”. Serán 900 os estudantes que gocen da súa estadía en inmersión lingüística no mes de setembro.

O alcalde continuará esta tarde entregando diplomas do programa de inmersión lingüística “Vigo en inglés” no Auditorio Mar de Vigo. Se onte foi a quenda do alumnado dos anos 2020 e 2021, esta tarde será a convocatoria dos 900 estudantes que do curso 2022. Foron case 2.500 os alumnos que gozaron da súa estadía tres semanas en Reino Unido e Irlanda o pasado verán, cun orzamento de 6 millóns de euros.

Na edición deste ano, no mes de setembro, sairán outros 900 alumnos de 4º da ESO. Tal e como lembrou o rexedor, obterán praza todos os estudantes que cumpran os requisitos da convocatoria, cun mínimo dunha nota de 7 en inglés, e non hai lista de agarda. O prazo para solicitar esta bolsa comezará a principios de marzo.

Leer más:   Festas e Animación Sociocultural Vetusta Morla e Xoel López, dobre actuación en Castrelos o 16 de agosto Abel Caballero desvelou hoxe unha nova cita da programación de concertos de verán, que xuntará ao cantautor galego e a banda de indie rock, “que celebrará en Vigo a súa última actuación con gran aforo”.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorCaballero destaca a figura de José Gil “pai do cinema galego” e o seu extraordinario legado
Artículo siguienteVías e Obras Alcaldía O alcalde anuncia a continuade das ramplas da Gran Vía dende Praza España ata Praza América As ramplas da Gran Vía desde Venezuela ata Praza España estarán rematadas a mediados do vindeiro mes de marzo.