Inicio Últimas Noticias O Concello avanza na obra da Praza Elíptica coa instalacións das pérgolas

O Concello avanza na obra da Praza Elíptica coa instalacións das pérgolas

O alcalde deu conta da instalación da pérgola máis pequena, practicamente instalada, e que se están a recibir as pezas para a máis grande: “Unha gran praza cidadá con máis espazo peonil e para a cultura”.

A obra da Praza Francisco Fernández del Riego segue coa instalacións das pérgolas, unha xa practicamente rematada e a outra, a máis grande, a espera da chegada dalgunhas pezas. Ámbalas dúas incorporan un número significativo de paneis solares para dotar de enerxía ás instalacións proxectadas e á iluminación da praza. Amais, instalarase novo mobiliario urbano, renovarase o pavimento, as redes de saneamento e abastecemento de auga, luz, electricidade, comunicacións e gas.

O Concello inviste 2,3 millóns de euros na renovación deste espazo na que medra nun 30% o espazo peonil: “Unha gran praza cidadá con máis espazo para as persoas e a cultura”, declarou Abel Caballero.

Leer más:   As fontes de Aragón ilumínanse o domingo polo Día mundial da hipertensión pulmonar


- Te recomendamos -
Artículo anteriorÚLTIMA HORA | Luto centenario en Vigo: fallece Hipólito Cerqueiras a los 102 años, el hombre de más edad de Valga
Artículo siguienteVías e Obras Vigo Vertical Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia A rampla mecánica de Carral estará operativa antes do mes de xuño O alcalde informou este mércores da evolución dos traballos de remate das obras de humanización da Porta do Sol onde o goberno municipal ultima tamén o centro de servizos sociais da Praza da Princesa.