Inicio Últimas Noticias O goberno local aproba o proxecto para a remodelación do Mercado de...

O goberno local aproba o proxecto para a remodelación do Mercado de Teis

A Xunta de Goberno deu luz verde ao proxecto da reforma do Mercado de Teis, cofinanciado cos fondos europeos Next Generation EU enmarcados no Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno de España.

O Concello comezará a obra de remodelación do Mercado de Teis no segundo semestre de 2023. O alcalde anunciou que a Xunta de Goberno aprobou hoxe o proxecto para a obra que ten un orzamento de 1.433.394 euros. Trátase dunha actuación cofinanciada cos fondos europeos Next Generation EU, enmarcados no Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno de España, que concedeu ao proxecto presentado polo goberno local 671.727 euros. O prazo de execución é de 7 meses.

Leer más:   O goberno local aproba o convenio co CRAC de Coruxo para programas infantís e xuvenís

Abel Caballero deu conta das actuacións, que xerarán novos espazos e renovación dos existentes. Haberá un punto limpo para comerciantes, novas oficinas, almacén, cafetería e outros espazos polivalentes. Tamén contémplase no proxecto a instalación dun punto limpo nas proximidades para os clientes.

Outro dos eixos do proxecto e a accesibilidade, que mellorará coa instalación dunha escaleira mecánica e un ascensor. Ademais, o Mercado de Teis terá un xardín vertical no interior do mercado. O edificio súmase a eficiencia enerxética coa instalación dun sistema de aerotermia que substitúe ao existente de gasóleo, novas luminarias LED e renovación nas redes de saneamento.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorO Concello incorpora 80 novos policías locais nas próximas semanas
Artículo siguienteA entronización do Meco e o concerto de Tanxugueiras abren o Entroido vigués