Inicio Últimas Noticias Concello e Fundamar cooperarán na organización dos campamentos de verán Vigo pesqueiro

Concello e Fundamar cooperarán na organización dos campamentos de verán Vigo pesqueiro

O goberno local e a Fundación para a pesca e o marisqueo cooperarán na posta en marcha dos campamentos de verán Vigo pesqueiro. Este mesmo ano, o Concello financiará actividades de conciliación familiar que incluirán obradoiros e visitas a bancos marisqueos, visitas a estaleiros ou obradoiros de cociña.

O alcalde avanzou esta mañá que o Concello colaborará este verán coa organización de campamentos de temática pesqueira, tal e como lle propuxeron responsables de Fundación para pesca e o marisqueo (Fundamar). Trátase, explicou, de que a poboación infantil e xuvenil se achegue ao sector da pesca con actividades vencelladas co seu patrimonio como obradoiros e visitas a bancos marisqueiros, visitas a barcos e estaleiros, obradoiros de cociña, visitas a empresas de transformación e actividades de sensibilización, entre outros. O alcalde mantivo esta mañá un encontro con presidente da Fundación, Javier Touza, no que tamén participaron Carlos Tubío, responsable do sector do Mar de UXT; Mónica Raposeiras, representante de CCOO; e María Caldeiro, xerente de Fundamar.

Leer más:   O Concello abre o prazo para a reserva dos locais de ensaio de Vigosónico


- Te recomendamos -
Artículo anteriorAbel Caballero louva o proxecto falAI, que recollerá voces en galego para mellorar os asistentes conversacionais
Artículo siguienteÚLTIMA HORA | El terror de los repartidores en Vigo: detenida una mujer de 49 años tras negarse a pagar un pedido a domicilio, agredir e intentar robar el móvil al trabajador