Categorías: Últimas Noticias

Vigo incorpora seis triciclos eléctricos ao servizo de limpeza

O alcalde presentou este luns na Porta do Sol os patinetes totalmente eléctricos cos que o persoal de limpeza percorrerá, principalmente, rúas peonís da cidade e que servirá “como complemento da limpeza tradicional”.

Desde a semana pasada o Concello ten en funcionamento catro triciclos eléctricos no servizo de limpeza municipal, dun total de seis que veñen de adquirirse.

Tal e como explicou o alcalde, a súa función é “complementar a limpeza que se fai de xeito tradicional”. Teñen espazo para levar ferramentas, dispoñen dun pequeno depósito de auga e mesmo están equipados cunha pequena pistola de auga a presión eléctrica para limpar a sucidade que non se pode recoller cunha escoba. Estarán en funcionamento en horario de mañá e de tarde.

Abel Caballero sinalou que, inicialmente, traballarán en zonas peonís, no centro da cidade e, posteriormente, o servizo ampliarase a “Teis, O Calvario, Lavadores, Travesía, Bouzas, Balaídos… a toda a cidade. É un sistema moi eficaz, que permite recorrer longas distancias”, apuntou. Os triciclos contan con sistema de autopropulsión e marcha atrás con ruídos cero e poden ser manexados por calquera operario do servizo.

O Concello adquiriu un total de 6 triciclos eléctricos por un importe de 5.800 euros a unidade, en función de como se desenvolva o seu funcionamento, “seguiremos comprando e engadindo ao servizo de limpeza da cidade”. Vigo, lembra o rexedor, é a “a cidade máis limpa de España e levamos un sinfín de vasoiras de platino” outorgadas.

Redacción

Entradas recientes

Alumnado do Colexio Quiñones de León aproxímase á Reconquista co programa municipal "A máquina do tempo"

Escoitar Abel Caballero trasladou este martes a 40 alumnos do Colexio Quiñones de León a…

3 horas hace

O estudantado do CEIP Balaídos interésase pola actividade municipal no programa "Coñece o teu Concello"

Escoitar Alumnado do centro percorreu este martes as dependencias dos principais servizos do Concello de…

3 horas hace

Proxectado un novo pavillón en Cabral

O rexedor recibiu na tarde de onte ás xogadoras e corpo técnico da Asociación Deportiva…

3 horas hace

Caballero aplaude a volta do Cidade de Vigo de atletismo, este venres, "con toda a forza que merece"

O alcalde deu o pistoletazo de saída á cuadraxésima edición do Gran Premio Cidade de…

3 horas hace

O goberno local adxudica o plan para protexer máis de 900 edificios do Ensanche

O Plan Especial de Protección do Ensanche para protexer o patrimonio arquitectónico e histórico da…

3 horas hace

Esta web usa cookies.