Categorías: Últimas Noticias

Caballero valorou o Cidade de Vigo de Hip-Hop, este sábado, como a aposta por unha disciplina "en crecemento"

O Trofeo Cidade de Vigo de baile deportivo regresa ao escenario onde empezou, o pavillón municipal de Candeán, e se reinventa, pois por vez primeira o torneo desdobrarase en dous eventos, un específico para Hip-Hop e outro para as modalidades standard e latinos, ritmos caribeños e danza coreográfica. A data dese segundo campionato vaiase anunciar nas vindeiras semanas.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentou o primeiro ciclo, que se celebra este sábado (16:00 horas, Candeán) exclusivamente para Hip-Hop, deporte olímpico por vez primeira nos Xogos de París 2024. “O Hip-Hop ten un extraordinario crecemento”, recoñeceu o rexedor. Caballero estivo acompañado polo concelleiro de Deportes, Manel Fernández, e polo director do trofeo, Miguel Abreu, e a bailarina Lucía Permuy e os bailaríns Daniel Suárez, Bruno Orosa, Izzan Tojeiro e Jesús Marcos.

O xefe do goberno local anunciou que este “é o primeiro evento do Galician Dance Tour, que se realizará en catro localidades diferentes e que arrincamos en Vigo”. Deses catro campionatos, os participantes poderán facer un descarte para o ranking galego final.

Sobre a elección do polideportivo de Candeán, o alcalde explicou que “é un pavillón novo e magnífico que se presta especialmente ben” para este deporte. Tamén lembrou o rexedor que o baile deportivo xa pisou dende 2015 as pistas do Central, Bouzas, Navia e O Berbés, polo que “o evento está a facer o seu propio circuíto por diferentes pavillóns deportivos”.

O Concello patrocina o Cidade de Vigo, con significación especial para o deporte formativo e para que o alumnado do programa municipal de escolas deportivas “teña un referente”. O Club de Baile Deportivo Pasos-Bailegalicia é o organizador do Cidade de Vigo e imparte Hip-Hop precisamente en Candeán, dentro do programa de escolas municipais.

A organización apuntou que serán uns 200 bailaríns os que compitan polo triunfo en catro categorías: batalla (battle), grupos, parellas e individual.

Redacción

Entradas recientes

El tiempo para hoy en Vigo, 4 de mayo de 2024

Durante las primeras horas del día en Vigo el cielo estará cubierto con lluvia. Por…

21 horas hace

Vigo rexistra unha ocupación hoteleira do 59% no mes de abril

O alcalde cifrou a ocupación hoteleira por turistas internacionais nun 39% do total. A Xunta…

1 día hace

As fontes de Aragón ilumínanse o domingo polo Día mundial da hipertensión pulmonar

Escoitar O Concello súmase á conmemoración desta xornada, que se celebra en todo o mundo…

1 día hace

Caballero pon en valor o apoio ao naval coa Zona de Innovación a despregar en Navalia

Abel Caballero presentou hoxe, con David Regades, a nova Zona de Innovación 2024 que, do…

1 día hace

O goberno municipal aproba a convocatoria de becas de comedor, libros e material por 1.427.700 euros

A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe as bases e a convocatoria das bolsas de…

1 día hace

Esta web usa cookies.