Inicio Últimas Noticias A exposición “A camelia, flor de Vigo” encherá a rúa Príncipe ata...

A exposición “A camelia, flor de Vigo” encherá a rúa Príncipe ata o 5 de marzo

Serán 14 tótems triangulares nos que se fala das características da camelia, co ornamentación da flor que dai nome á exposición. Vigo celebrará o 58º Concurso Exposición Internacional da Camelia os 4 e 5 de marzo no Auditorio Mar de Vigo.

Abel Caballero anunciou que desde mañá, 24 de febreiro, a rúa Príncipe lucirá a exposición “A camelia, flor de Vigo”, que estará na céntrica rúa comercial ata o 5 de marzo.

A exposición constará de 14 tótems triangulares nos que se falará das características da camelia e, nunha das caras, representarase a imaxe dunha personaxe pertencente a distintos ámbitos da sociedade (artes escénicas, investigación, literatura, pintura…). Contará cunha caseta de información sobre a camelia. Todo o conxunto, estará ornamentado con xardíns efímeros, nos que se resaltará a imaxe da camelia como planta ornamental.

Leer más:   O goberno municipal aproba a convocatoria de becas de comedor, libros e material por 1.427.700 euros

Na mostra anunciarase o 58º Concurso Exposición Internacional da Camelia que se celebrará no Auditorio Mar de Vigo os días 4 e 5 de marzo de 2023.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorVigo recibe a produtoras audiovisuais para ser escenario de rodaxes
Artículo siguienteAsí será el tiempo en los próximos días en Vigo