Categorías: Últimas Noticias

Caballero e Silva visitan os túneles da Fortaleza do Castro

O Concello rehabilita esta zona coa musealización do Castro, unha recuperación do patrimonio e un novo atractivo turístico na cidade de Vigo.

A fortaleza do Castro segue a súa recuperación co proxecto de musealización que reabrirá os túneles e recreará a batalla naval de 1719. O alcalde a a tenente de alcalde, Carmela Silva, visitaron os túneles que nun prazo de 5 meses poderán ser visitados pola cidadanía, un exemplo de recuperación do patrimonio e novo atractivo turístico.

A obra supón un investimento de 1.400.000 euros de licitación, cos fondos do Goberno de España, concretamente do Ministerio de Industria Comercio e Turismo, que asignou a Vigo pola súa capacidade turística. Caballero cualificou a obra de “moi importante” e agradeceu ao Goberno de España o financiamento para o patrimonio histórico de Vigo.

O alcalde explicou en rolda de prensa que a primeira cuestión é a recuperación do túnel duns 75 metros de lonxitude e que terá iluminación, cun ambiente do asedio de 1719 con sons e luces, e que despois estará a actuación do baluarte con pezas de aceiro.

O Concello tamén intervirá no polvorín onde haberá unha sala de exposicións e demostracións das batallas navais. “Unha rehabilitación histórica e extraordinaria”, concluíu.

Redacción

Entradas recientes

Alumnado do Colexio Monterrey percorren os escenarios da Reconquista do programa municipal "A Máquina do Tempo"

Escoitar As rúas chave onde se desenvolveu en 1809 a Reconquista de Vigo foron percorridas…

3 horas hace

O Concello preserva e difunde o patrimonio histórico e cultural a través do convenio coa Diocese de Tui-Vigo

Abel Caballero destacou este luns que o Concello mantén un convenio coa Diocese de Tui-Vigo,…

3 horas hace

O alcalde convida á cidade a gozar da Feira de abril de Vigo no Berbés

O acendido das luces das casetas da Feira será este xoves, 16 de maio, a…

3 horas hace

Caballero felicita ás xogadoras do Carballal polo seu ascenso á División de Honra Ouro Feminina

Escoitar O alcalde recibiu as xogadoras e corpo técnico do AD Balonmano Carballal que ascenderon…

3 horas hace

“Vigo Mundo Xogo” chega á Porta do Sol

O alcalde indicou que “será un gran espazo de xogo para nenos e nenas”. Terá…

3 horas hace

Esta web usa cookies.