Categorías: Últimas Noticias

O alcalde anima á participación na Brincadeira de Bouzas o 13 e 14 de maio

A XVIII edición da Festa da Brincadeira rememora a expulsión do exército francés da Vila de Bouzas cunha representación teatral e o primeiro concurso de traxes de época.

Abel Caballero destacou que a Brincadeira deste ano será unha “magnífica festa” e animou á cidadanía a participar nela, especialmente a vestirse de época e optar aos premios do certame que se estrea nesta edición.

O rexedor presentou en rolda de prensa a XVIII Festa da Brincadeira xunto a Vanesa Domínguez, presidenta da Asociación de Amigos da Historia de Bouzas; Juan Portas, secretario da Asociación de Veciños de Bouzas, e a concelleira de Política Social, Yolanda Aguiar.

Os días 13 e 14 de maio Bouzas lembrará o seu pasado, coa expulsión dos exércitos napoleónicos da Vila coa novidade de que a representación teatral terá lugar pola tarde na zona da Alameda. Ademais este ano desenvólvese o I concurso de traxes de época da Brincadeira co obxectivo de animar á cidadanía a vestirse como en 1809 e poñerse na pel dos protagonistas: Aurora e Josefa Reis, irmás encargadas da vixilancia no atrio de Bouzas; Caetano Parada Pérez de Limia, alcalde de Bouzas e a súa esposa, Xoaquina Nogueira; Vázquez Varela, alcalde de Vigo; Xosé Mouriño, párroco da Vila ou os milicianos que participaron na loita.

A Asociación de Amigos da Historia de Bouzas agradeceu o apoio municipal no desenvolvemento da Brincadeira e explicou que este ano será máis inclusiva este ano coa participación de intérpretes de signos nos actos nos que sexa posible. Ademais haberá unha veciña relatando a historia da Brincadeira e de Bouzas, xunto con tódolos artesáns de oficio para dar a conocer la artesanía galega.

A partir do 1 de marzo estarán dispoñibles na web www.amigosdebouzas.com as bases do concurso de traxes de época e o boletín de inscrición para os postos do mercado, que estiman que supere os 120 postos do ano pasado.

O alcalde avanzou que a obra do Paseo de Bouzas estará rematada para a festa “é a obra máis importante que se fixo nunca na historia de Bouzas, cunha praia vai ser bandeira azul. Teremos unha zona excepcional”.

Redacción

Entradas recientes

El tiempo para hoy en Vigo, 23 de mayo de 2024

Hoy a primera hora en Vigo se prevén cielos sin nubes. Por la tarde habrá…

8 horas hace

O alcalde propón unha reunión a Alfonso Rueda para tratar “os temas pendentes coa cidade”

Abel Caballero informou este mércores do envío dunha carta ao presidente da Xunta de Galicia…

17 horas hace

Abel Caballero destaca a figura de Luísa Villalta na mostra organizada na Casa Galega da Cultura

Abel Caballero e a delegada da Área de Cultura, Carmela Silva, participaron hoxe na inauguración…

17 horas hace

O Concello organiza viaxes pola ría para 2.600 maiores dentro do programa "Vigo, cidade amiga dos maiores"

O alcalde animou hoxe aos participantes na viaxe pola ría de Vigo a bordo da…

17 horas hace

A Coral Casablanca subirá ao escenario de Castrelos o 20 de xullo

O alcalde anunciou a actuación terá 2.500 cadeiras na platea para as que a entrada…

17 horas hace

Esta web usa cookies.