Inicio Últimas Noticias O Concello reitera a demanda á Xunta para asinar o convenio que...

O Concello reitera a demanda á Xunta para asinar o convenio que garanta a construción do instituto de Navia

Abel Caballero sinalou que vai “enviarlle de novo á Consellería de Educación o convenio para garantir a construción do instituto de Navia”. Recordou que xa en febreiro de 2020 enviou unha primeira misiva o presidente da Xunta polo mesmo motivo, reiterada en maio do ano pasado.

Na rolda de prensa matinal deste luns, o alcalde volveu insistir en que a única maneira de garantir a construción do IES de Navia é a sinatura dun convenio que obrigue á Xunta a executalo. Lembrou que a inclusión desta dotación nos orzamentos autonómicos non asegura a construción.

“Neste convenio pomos inmediatamente o solo a súa disposición de forma gratuíta, e así eles comprometense a realizar a obra nuns tempos determinados”, pero como engadiu Caballero, “non o queren firmar, demostrando que non queren facer o instituto de Navia”.

Leer más:   Educación Alcaldía O goberno municipal aproba a convocatoria de becas de comedor, libros e material por 1.427.700 euros A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe as bases e a convocatoria das bolsas de comedor, libros e material escolar para o curso 2024-2025. As axudas ascenden a 1.427.700 euros, segundo explicou este venres o alcalde ao lembrar que a esta cantidade hai que sumar os 600.000 euros que recibe Foanpas.

O alcalde recordou que van varios “enganos” por parte da Xunta, xa que “sendo eu alcalde puxemos o solo a disposición da Xunta para o Centro de Saúde de Bouzas, 12 anos despois estaba sen facer”. Tamén aludiu ao IFEVI, xa que o Concello comprou os terreos para a ampliación, “e resulta que non o destinan o IFEVI, utilízano para outros usos”.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorAbel Caballero: “Haberá unha magnífica biblioteca en Teis”
Artículo siguienteVías e Obras Vigo estreará a renovada Plaza Elíptica cun gran acto polo Día das Letras Galegas O alcalde visitou o avance das obras da Praza Francisco Fernández del Riego que, aproveitando o nomeamento do autor polo Día das Letras Galegas no 2023, será homenaxeado o 17 de maio cun busto da súa figura e a estrea da nova praza.