Categorías: Últimas Noticias

O Consello Municipal da Muller celebra o 8M cunha programación para tódalas idades

A concelleira de Igualdade, Uxía Blanco, presentou este mércores en rolda de prensa os actos cos que a cidade conmemora o Día Internacional da Muller, entre os que se inclúe unha visita guiada, un recital de poesía, o Pleno específico da Muller, cine, teatro, música e a entrega do Premio Ernestina Otero a Paz Filgueira.

Desde o 7 de marzo e ata o 18, Vigo acolle diferentes actividades para celebrar o Día Internacional da muller. Uxía Blanco, concelleira de Igualdade, deu conta este mércores da programación acompañada de Ángeles Arias e Luisa Ocampo, poñendo en valor o Consello da Muller, conformado por vinte asociacións de mulleres da cidade que desenvolven un “traballo continuado” ao longo de todo o ano

Ángeles Arias, en representación do Consello Municipal da Muller informou de parte da programación, que comeza o 7 de marzo cun contacontos de igualdade para crianzas a partir dos 4 anos a cargo de Bea Campos. Será na Praza 8 de marzo, na Avenida das Camelias.

O mércores 8 de marzo, celébrase o Pleno Específico do Consello Municipal da Muller, ás 10 horas no Salón de Plenos, onde participarán representantes do Consello coa lectura de escritos sobre cuestións relacionadas coas problemáticas femininas. Ese mesmo día, desenvólvese a manifestación do 8M, que sae ás 20 horas da Praza de España e remata na Porta do Sol.

O xoves 9 de marzo, a Casa Galega da Cultura acolle un recital de xénero, aberto a tódalas persoas que queiran sumarse, que guiará a escritora Iolanda Zúñiga, desde as 19 horas. E o venres, día 10, nun “día especial para nós”, o Consello da Muller entrega o XI Premio de Igualdade Ernestina Otero, ás 22 horas no Hotel Coia. A premiada este ano é Paz Filgueira, “coñecida maxistrada que traballa moito a prol da perspectiva de xénero e pola igualdade da muller”.

Luisa Ocampo, integrante do Consello Municipal da Muller deu conta doutros actos incluídos no programa do 8M: o sábado 11 de marzo, desenvólvese a visita guiada “Sons de Mulleres” a cargo de María Casar, con saída desde o Paseo de Alfonso, actividade que se enmarca no propósito de “feminizar a cidade”.

O programa inclúe a proxección de dous filmes no Auditorio Municipal: o martes 14 de marzo, poderá verse “La boda de Rosa” de Icíar Bollaín ás 20 horas da tarde e o mércores 15, “Retrato de una mujer en llamas” de Céline Sciamma, tamén ás 20 horas-

O xoves 16 de marzo, no escenario do Auditorio da Praza do Rei represéntase a obra de teatro “As que limpan”, escrita, dirixida e interpretada por Arela Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman. Unha creación de A Panadaría coproducida polo Centro Dramático Nacional.

A programación remata o sábado 18 de marzo coa actuación do grupo “Habelas Hainas” ás 20 horas no salón de actos do Marco.

Redacción

Entradas recientes

Vigo en alerta por una partida de pollo con salmonella que podrías tener en casa

Alerta en Vigo: Detectan Salmonella en pollo proveniente de España y ordenan su retiro urgente…

8 horas hace

El tiempo para hoy en Vigo, 2 de mayo de 2024

Hoy a primera hora en Vigo el cielo estará cubierto con tormentas acompañadas de lluvia.…

13 horas hace

El tiempo para hoy en Vigo, 1 de mayo de 2024

Durante las primeras horas del día en Vigo habrá cielos nubosos con tormentas acompañadas de…

2 días hace

O Ministerio de Transportes avala todos os proxectos importantes da cidade

Abel Caballero mantivo unha reunión esta mañá co ministro de Transportes e Mobilidade Sostible, Óscar…

2 días hace

La Premier League adopta control económico al estilo LaLiga después de años de pérdidas

La Premier League ha votado a favor de establecer reglas de control económico que toparán…

2 días hace

Esta web usa cookies.