Categorías: Últimas Noticias

O Camiño a Camiño 2023 ofrece percorridos medioambientais, hortas urbanas e voluntariado

O alcalde informou este venres da programación de educación ambiental municipal para o período que comprende deste este mes de marzo e ata o mes de xuño na que medran as saídas e os desprazamentos serán completamente gratuítos.

O Camiño a Camiño 2023 para a primavera comeza nesta nova edición con once percorridos medioambientais que se organizarán entre o 12 de marzo e o 4 de xuño: serán 8 rutas á beira da ría de Vigo, 2 en barco ás Illas Cíes, que se recuperan despois da pandemia e 1 marcha polos montes de Vigo. A previsión é que se sumen 2.800 participantes aproximadamente.

O alcalde explicou que os desprazamentos este ano serán totalmente gratuítos e que neste mes de marzo se abren as convocatorias para participar nas hortas urbanas municipais, nas que deben realizarse os preparativos para arrincar coas plantacións de primavera. O Concello conta con hortas en Navia, Pedro Alvarado, Fontáns, Ramón Nieto, Sardomela e Camelias. Para poder acceder a eles cómpre participar nos dous cursos básicos programados para aprender o proceso dos cultivos. A inscrición debe facerse a través do teléfono municipal 010.

Amais, Caballero informou de que, a partir do 16 de marzo, abre a inscrición para participar no programa de Voluntariado ambiental co que, desde o outono se retoman os labores de recuperación dos montes. Estas actividades celébranse os sábados pola mañá e os martes e xoves pola tarde. Para poder participar nestas actividades é preciso facer un curso de Iniciación ao voluntariado ambiental, que está previsto que se celebre o xoves 16 de marzo, previa inscrición no 010.

Toda a información do programa municipal Camiño a Camiño na web caminoacaminovigo.org.

Redacción

Entradas recientes

El tiempo para hoy en Vigo, 4 de mayo de 2024

Durante las primeras horas del día en Vigo el cielo estará cubierto con lluvia. Por…

10 horas hace

Vigo rexistra unha ocupación hoteleira do 59% no mes de abril

O alcalde cifrou a ocupación hoteleira por turistas internacionais nun 39% do total. A Xunta…

19 horas hace

As fontes de Aragón ilumínanse o domingo polo Día mundial da hipertensión pulmonar

Escoitar O Concello súmase á conmemoración desta xornada, que se celebra en todo o mundo…

19 horas hace

Caballero pon en valor o apoio ao naval coa Zona de Innovación a despregar en Navalia

Abel Caballero presentou hoxe, con David Regades, a nova Zona de Innovación 2024 que, do…

19 horas hace

O goberno municipal aproba a convocatoria de becas de comedor, libros e material por 1.427.700 euros

A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe as bases e a convocatoria das bolsas de…

19 horas hace

Esta web usa cookies.