Categorías: Últimas Noticias

Vigo acollerá o 33º Congreso Internacional da Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría

Os expertos en Xeriatría e Xerontología debaterán, os vindeiros 9 e 10 de xuño no Museo Verbum, sobre soidade non desexada e como facer fronte a este problema social.

Abel Caballero acompañado da concelleira de Política Social, Yolanda Aguiar; do presidente da Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría, José María Faílde e José Manuel Pazos, presidente do Comité Organizador do Congreso, presentou o evento esta mañá en rolda de prensa. O alcalde falou da importancia de controlar os problemas de soidade, sinalando que “o Concello esta traballando en establecer un mapa da soidade, para saber como se atopa a xente maior da cidade. É importante que a sociedade se conciencie sobre a importancia da soidade e os seus riscos”.

Ao redor de 50 relatores, tanto españois como procedentes de diversos países de Europa e Latinoamérica, daranse cita no Museo Verbum- Casa dás Palabras para participar neste encontro internacional que leva por lema: ‘Soledad e illamento social. Novos retos e recursos’.

O tema escollido nesta ocasión é tan actual como preocupante porque a soidade e o illamento social, cando afecta as persoas maiores, constitúe un risco grave de saúde pública que afecta de forma considerable ao estado físico e psicolóxico de quen a sofre, incrementando o risco de presentar demencia e outras afeccións graves.

A Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatíra quere profundar neste tema crucial para o benestar das persoas maiores, máis aínda tendo en conta que Galicia é unha das 10 rexións que rexistra porcentaxes de poboación máis elevadas de Europa, coas provincias de Ourense e Lugo entre as 5 primeiras máis envellecidas, e ademais con individuos moi lonxevos.

Así, no Museo Verbum de Vigo, os vindeiros 9 e 10 de xuño, daranse cita expertos e investigadores da área social e sanitaria que analizarán o tema da soidade e o illamento social desde diversas perspectivas, achegando solucións novas tanto desde un enfoque teórico como práctico. Neste sentido, daranse a coñecer as oportunidades que nos ofrecen as novas tecnoloxías aplicadas ao ámbito da saúde e os apoios, ferramentas que facilitan a construción dunha contorna mellor e máis amable coas persoas maiores.

Redacción

Entradas recientes

La Premier League adopta control económico al estilo LaLiga después de años de pérdidas

La Premier League ha votado a favor de establecer reglas de control económico que toparán…

4 horas hace

La magia del olivar impulsa la actividad turística en pueblos de toda España

El atractivo paisajístico de los olivares en España ha convertido a sus pueblos en un…

5 horas hace

El auditor, pieza clave en la reestructuración empresarial según los expertos

Tras un año y medio en vigor, la nueva ley concursal se vislumbra más adecuada…

6 horas hace

Trágico accidente en Cangas se cobra la vida de un nonagenario

Un trágico accidente de tráfico ocurrido la noche del domingo en Cangas, Pontevedra, ha resultado…

13 horas hace

El tiempo para hoy en Vigo, 30 de abril de 2024

En las primeras horas del día en Vigo se prevén cielos cubiertos con lluvia. Según…

16 horas hace

A unanimidade do Pleno pide á Xunta a reforma dos centros educativos públicos da cidade

A moción socialista defende a obrigatoriedade do goberno autonómico de garantir que os escolares “poidan…

1 día hace

Esta web usa cookies.