Inicio Últimas Noticias A primeira ruta do Camiño a Camiño 2023 suma 150 participantes

A primeira ruta do Camiño a Camiño 2023 suma 150 participantes

Este domingo 12 de marzo comezan as saídas do programa municipal de educación medioambiental cun percorrido ao carón da ría de Vigo que ten na Vía Verde o seu punto de partida.

O alcalde salientou o éxito de convocatoria da primeira ruta do programa que esgotou xa as 150 prazas ofertadas para este domingo. Tal e como lembrou, a participación nas rutas medioambientais é totalmente gratuíta, xa que os autobuses de regreso son financiados polo Concello este ano, o que supón un cambio respecto a edicións anteriores.

O Camiño a Camiño 2023 ofrece 11 percorridos nesta nova edición: 8 rutas pola ría de Vigo, 2 viaxes en barco ás Cíes e 1 marcha polos montes e Vigo.

Leer más:   O alcalde convida á cidade a gozar da Feira de abril de Vigo no Berbés

O vindeiro luns, 13 de marzo, o Concello abre o prazo de inscrición a través do teléfono 010 para reservar praza para a saída do domingo 19 de marzo.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorO Concello destina 365.000 euros para a autoxestión dos centros educativos
Artículo siguienteAsí será el tiempo en los próximos días en Vigo