Inicio Últimas Noticias O alcalde preside a toma de posesión de 46 novos policías

O alcalde preside a toma de posesión de 46 novos policías

Abel Caballero dirixiu unhas verbas aos novos policías “que son unha parte importantísima da vertebración da cidade” e trasladoulles “os mellores desexos e parabéns” para a súa tarefa.

Vigo conta con 39 novos axentes de policía local. Abel Caballero presidiu hoxe a toma de posesión destes novos policías locais como funcionarios de carreira e os ascenso de 7 a inspectores, un total de 46 novos nomeamentos que fan un total de 335 axentes en activo na cidade.

“É o maior nomeamento de policías que houbo nunca na cidade”, dixo en rolda de prensa. No acto de toma de posesión, Caballero referiuse á Policía Local “como unha parte importantísima da vertebración de Vigo” e desexou aos novos axentes os seus parabéns.

Leer más:   Nova ruta didáctica pola ría no programa de avellentamento activo "Vigo, cidade amiga dos maiores"

Abel Caballero lembrou que como presidente da FEMP adiantou a xubilación voluntaria dos policías locais aos 60 anos: “Aprendín a dureza da vosa profesión sendo alcalde. O traballo é difícil e complexo. Sempre estarei como alcalde respaldando a vosa acción, atendendo ás leis”, declarou.

Para o rexedor a Policía Local é un servizo público de atención á cidadanía: “Cando a cidadanía ve aos axentes de Vigo séntense cómodos e esbozan un sorriso. Iso é que confían a súa confianza, que é tan importante”.


- Te recomendamos -
Artículo anterior¿Por qué aún no han salido las entradas de Guns N´ Roses en Vigo?
Artículo siguienteO prazo para solicitar as becas municipais de “Vigo en inglés” rematará o 17 de marzo