Inicio Últimas Noticias Concello e Goberno de España activan a humanización da AP-9 na cidade

Concello e Goberno de España activan a humanización da AP-9 na cidade

O alcalde anunciou que está constituída a Comisión bilateral técnica entre o Concello e o Goberno de España para a humanización da AP-9 no tramo de entrada na cidade: “Tódolos acordos que tomo coa ministra de Transportes chegan a bo fin”, declarou en rolda de prensa.

O Concello e o Goberno de España manterán unha xuntanza técnica esta semana para comezar a “poñer en común” os elementos da humanización da AP-9 no tramo de entrada da cidade. Abel Caballero anunciou que xa está constituída a Comisión bilateral técnica entre ambas institucións co obxectivo “de xerar máis espazos humanos e de utilización” na contorna da autoestrada.

O alcalde saúda “con entusiasmo” comezar a traballar sobre unha cuestión “que leva máis de 30 anos pendente”, e que ten por obxectivo darlle “rango humano e estudar reformas” para a entrada da autoestrada na cidade.

Leer más:   Educación Alcaldía O goberno municipal aproba a convocatoria de becas de comedor, libros e material por 1.427.700 euros A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe as bases e a convocatoria das bolsas de comedor, libros e material escolar para o curso 2024-2025. As axudas ascenden a 1.427.700 euros, segundo explicou este venres o alcalde ao lembrar que a esta cantidade hai que sumar os 600.000 euros que recibe Foanpas.

“É unha magnífica noticia”, afirmou en rolda de prensa, onde asegurou que “todos os acordos que toma coa ministra de Transportes chegan a bo fin”.

Caballero lembrou que o acordo da creación dunha Comisión bilateral vén dunha xuntanza mantida en decembro co secretario xeral de Estradas, Juan Pedro Fernández Palomino, onde tamén abordaron a renovación do convenio para reforma e humanización da Avenida de Madrid e o desenvolvemento do túnel na A-55 entre Vigo e o Porriño, ademais da humanización da AP-9.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorAsí será el tiempo en los próximos días en Vigo
Artículo siguienteVigo renova o protocolo de adhesión ao sistema VioGen para a protección de mulleres vítimas de violencia de xénero