Inicio Últimas Noticias As actrices María Castro e Mariana Carballal serán Viguesas Distinguidas en 2023

As actrices María Castro e Mariana Carballal serán Viguesas Distinguidas en 2023

O alcalde avanzou esta mañá outros dous nomes que este ano recibirán esta distinción. Serán o Racing de Castrelos Club de fútbol e o Valladares Club de fútbol, que este ano celebran o seu centenario.

Abel Caballero continuou debullando persoas ou institucións que este ano serán recoñecidos no transcurso da gala de Vigueses Distinguidos que se celebrará o xoves 23 no Teatro Afundación. A “extraordinaria” actriz e presentadora María Castro será unha das homenaxeadas. Diplomada en Maxisterio e licenciada en Ciencias da actividade física, empezou a súa carreira en Pratos Combinados e, a partir de aí, participou en numerosas series, películas, programas e obras de teatro e nestes momentos participando nunha serie de un éxito “certamente notable”. A tamén actriz Mariana Carballal será outras das homenaxeadas este ano. Docente, directora de teatro, teatro, televisión e activista pola igualdade de xénero na cultura, traballou en multitude de series de televisión e películas, ademais de ser profesora de Interpretación na Escola Superior de Arte Dramático de Galicia.

Leer más:   As escolas de música e artes escénicas abre en xuño a preinscrición de novo alumnado

Coincidindo coa celebración do seu centenario, Caballero anunciou que os clubs de Castrelos e de Valladares tamén serán Vigueses Distinguidos.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorO Nadal de Vigo bateu o seu récord con 5.345.759 visitantes
Artículo siguienteO alcalde felicita aos promotores da VII Feira de Ensinanzas Artísticas e Profesionais