Inicio Últimas Noticias Vigo estrea os novos sistemas de seguridade do túnel de Beiramar coa...

Vigo estrea os novos sistemas de seguridade do túnel de Beiramar coa realización dun simulacro

Abel Caballero destacou que “coa inversión deste millón e medio de euros temos todas as garantías tecnolóxicas”. Tras o simulacro da madrugada, esta mañá realizouse unha exposición do mesmo na sala de tráfico do Concello.

A cidade xa conta cunha renovación do paso inferior baixo a Avenida de Beiramar, no que se realizou unha renovación dos seus sistemas de seguridade, adaptados á normativa europea.

Con un custe de 1,5 millóns de euros, Abel Caballero detallou que os traballos que realizaron nesta primeira fase foron: mellora na iluminación; renovación do cableado adecuado ás esixencias en canto á protección contra incendios; renovación e ampliación das luces de emerxencia; novos cadros eléctricos e distribución; novos detectores de monóxido de carbono e sensores Nox para detectar gases de nitróxeno nos sistemas de escape; sistemas de detección de opacidade dos anemómetros que miden a velocidade vento; substitución dos armarios de SOS; instalación dun sistema de megafonía; novos paneis de mensaxería para información; cambio do cadro principal de baixa tensión; nova cartelaría de información para evacuacións e finalmente, unha nova instalación de software para o control e vixilancia máis adecuado á actualidade, que permite realizar un control minucioso desde a sala de tráfico do Concello. Este simulacro tamén serviu para analizar o funcionamento e coordinación dos servizos de emerxencia.

Leer más:   Os voluntarios do Concello terán formación para mellorar a súa acción

O alcalde avanzou que “temos xa proxectada a fase 2 da reforma cun presuposto aproximado de 6 millóns de euros”, que consistirá nun novo sistema de iluminación con tecnoloxía LED; a implantación dun novo sistema de radiocomunicacións que permitirá dar cobertura de radio aos servizos de emerxencia, así como dotar de radio FM para os usuarios do túnel e quitar o actual muro de ladrillo, substituíndo por uns paneis vitrificados.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorO Concello aumenta en 9 céntimos a subvención aos usuarios da PassVigo
Artículo siguientePersoas de todas as provincias visitaron Vigo no Nadal