Inicio Últimas Noticias Caballero: “Imos resolver todas as demandas históricas de Vigo”

Caballero: “Imos resolver todas as demandas históricas de Vigo”

O Goberno de España ratificou o seu compromiso firme coas grandes obras que esta cidade tiña pendentes, tal e como manifestou onte o secretario de Estado de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, Francisco David Lucas. En rolda de prensa, Caballero afeou á Xunta as súas críticas a proxectos que xa están en marcha e “son feitos incuestionables”.

Abel Caballero amosou esta mañá a súa satisfacción coa visita de Francisco David Lucas, secretario de Estado de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, porque “ratificou o apoio firme, convencido e con feitos as grandes obras que esta cidade tiña pendentes e que sempre deixou de facer o Partido Popular”. En rolda de prensa, referiuse á saída sur ferroviaria, ao tren de alta velocidade Vigo-Madrid directo; á autovía en túnel a O Porriño, á humanización dos accesos á autoestrada á través da comisión de traballo que xa funciona ou a humanización da avenida de Madrid, cun convenio de 17 millóns. “Son feitos incuestionables”, dixo, reiterando que hai avances concretos dado que xa está listo o estudio de alternativas para a saída sur e xa está licitado o estudio informativo ao que se presentaron cinco empresas. Neste punto, criticou á Xunta por “estar de novo á contra”.

Leer más:   O Ministerio de Transportes avala todos os proxectos importantes da cidade

O alcalde insistiu en que o secretario de Estado reafirmou o compromiso do Goberno de España con estes proxectos e coa súa celeridade, “imos resolver todas as demandas históricas de Vigo”.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorCultura O alcalde inaugura a "Colección permanente, sete novas incorporacións" da Fundación Laxeiro Son obras procedentes de coleccións privadas que, pola súa singularidade, e o carácter inédito dalgunha das obras, completan un percorrido fascinante pola traxectoria de Laxeiro ao longo de máis sesenta anos de carreira. O alcalde agradeceu aos propietarios a contribución temporal dos propietarios: "Canto máis xente poida gozar da obra de Laxeiro, será mellor para a cultura".
Artículo siguientePrevisión del tiempo para Vigo