Inicio Últimas Noticias O alcalde inaugura a "Colección permanente, sete novas incorporacións" da Fundación Laxeiro

O alcalde inaugura a "Colección permanente, sete novas incorporacións" da Fundación Laxeiro

Son obras procedentes de coleccións privadas que, pola súa singularidade, e o carácter inédito dalgunha das obras, completan un percorrido fascinante pola traxectoria de Laxeiro ao longo de máis sesenta anos de carreira. O alcalde agradeceu aos propietarios a contribución temporal dos propietarios: “Canto máis xente poida gozar da obra de Laxeiro, será mellor para a cultura”.

A Colección permanente do Concello de Vigo e a Fundación Laxeiro está formada por sesenta e cinco obras que, no seu conxunto, conforman un percorrido pola traxectoria do artista. Estas obras son parte do legado que Laxeiro fixo á cidade de Vigo en 1981, que se completa coas doce obras depositadas no Museo Municipal Quiñones de León.

Nos últimos anos foron incorporándose como depósito, obras de coleccionistas particulares que, dende a Fundación Laxeiro, entendiamos que ilustraban aspectos do pintor que estaban pouco representados na Colección. Actualmente son cinco as obras engadidas á Colección por esta canle, unha maternidade dos anos corenta, pertencente á época granítica de Laxeiro; un retrato dos anos corenta tamén, moi significativo da faceta de Laxeiro como retratista de encarga; unha cabeza dun aforcado, da década dos anos sesenta, moi significativa da serie dos aforcados que Laxeiro pintou neses anos, ao parecer, como protesta contra o réxime franquista; unha cabeza infantil, tamén da mesma época, que exemplifica o xeito en que Laxeiro volveu á estética granítica; e unha abstracción de 1993, moi esquemática, titulada Neno pensador, moi representativa das abstraccións que comezou a facer nos anos noventa, xeralmente con tintas de cor sobre papel.

Leer más:   O Concello promove 27 vivendas en Esturáns que estarán rematadas en xullo de 2026

Agora, Colección permanente, sete novas incorporacións, presenta obras procedentes tamén de coleccións particulares que, nesta ocasión son cedidas por un período limitado de tempo, a modo de exposición temporal. O alcalde agradeceu aos propietarios a contribución temporal dos propietarios: “Canto máis xente poida gozar da obra de Laxeiro, será mellor para a cultura”, declarou ante os medios.

Trátase de pezas que, nalgúns casos foron moi pouco expostas e noutros, de obras que se expoñen por primeira vez, que abarcan un período que vai de 1961 a 1987, é dicir, que arrancan nunha das épocas máis experimentais do artista, como é o primeiro lustro dos anos sesenta, e culminan xa na súa madurez, entrada a década dos anos oitenta. Abel Caballero explicou que a mostra “é unha maridaxe entre a colección permanente e coleccións privadas. Debemos ter por obxectivo levar a Laxeiro e a súa pintura ao lugar que corresponde, máis alá das nosas fronteiras e acheganos ao resto de España, como xa temos unha obra no Reina Sofía, a Europa e Latinoamérica”.

Leer más:   O alcalde celebra a aprobación da rede de moi alta tensión eléctrica para Vigo

Como xa acontecera en 2019, cando se cambiou a concepción museográfica da Colección permanente, Con estas sete incorporacións que se poderán ver ate o 23 de xullo, a Fundación Laxeiro pretende seguir dinamizando a súa colección e aportar así novidades e puntos de interese, fiel á idea de que unha colección que está exposta durante todo o ano, non ter porqué ser sinónimo de estatismo, senón que debe estar viva e procurar continuamente novas claves de lectura da obra dun dos artistas galegos máis salientables e prolíficos do século XX.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorPrevisión del tiempo para Vigo
Artículo siguientePrevisión meteorológica para Vigo