Inicio Últimas Noticias Vigo celebra o Día Mundial da Árbore coa campaña “Vigo, a cidade...

Vigo celebra o Día Mundial da Árbore coa campaña “Vigo, a cidade dos espazos verdes”

O alcalde explicou que “serán actividades por toda a cidade entre o 17 de marzo e o 1 de abril”.

O día 21 de marzo conmemorase o Día Mundial da Árbore, motivo polo que o Concello pon en marcha a campaña “Vigo a cidade dos espazos Verdes. Descúbreos, coñéceos e gózaos!”. Co fin de descubrir espazos, coñecelos e gozalos, realizarase de forma itinerante por varias zonas da cidade unha exposición e divulgación dos espazos verdes de Vigo.

Montarase un xardín efémero, con diversos paneis de información acerca da árbore emblemática da cidade (a Oliveira do Paseo de Alfonso XII), a nosa Flor (a Camelia) e diversa información sobre os Espazos Verdes da Cidade, nos que o rexedor reafirmou que baixo o seu goberno “plantaronse 30.000 árbores novos”.

Leer más:   Turismo Vigo rexistra un abril con récord de turistas O alcalde deu conta dos datos de turismo publicados polo INE nos que Vigo rexistrou os mellores datos da serie histórica nun mes de abril. Destaca tamén a recepción de viaxeiros internacionais cunha suba do 13%.

Con esta medida faranse partícipes aos cidadáns con xogos baseados nunha ruleta de preguntas relacionadas cos espazos verdes da cidade, repartíndose 3.000 camelias e 900 oliveiras os veciños.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorCultura O alcalde inaugura a "Colección permanente, sete novas incorporacións" da Fundación Laxeiro Son obras procedentes de coleccións privadas que, pola súa singularidade, e o carácter inédito dalgunha das obras, completan un percorrido fascinante pola traxectoria de Laxeiro ao longo de máis sesenta anos de carreira. O alcalde agradeceu aos propietarios a contribución temporal dos propietarios: "Canto máis xente poida gozar da obra de Laxeiro, será mellor para a cultura".
Artículo siguientePrevisión del tiempo para Vigo