Categorías: Últimas Noticias

“El Barbero de Sevilla” chega ao Auditorio Mar de Vigo o 7 de maio

O alcalde convidou á cidade a gozar desta ópera bufa, unha das grandes obras mestras da comedia dentro do ámbito lírico, na primeira ocasión que se representa na cidade.

O Auditorio municipal Mar de Vigo acollerá o vindeiro 7 de maio ás 19:00 horas da tarde a representación da ópera “El Barbero de Sevilla”, unha obra de Rossini, apta para tódolos públicos. Abel Caballero avanzou que será unha “magnífica ocasión para gozar da representación desta obra, que segue sendo da máxima popularidade dous séculos despois da súa posta en escena por primeira vez” e convidou a toda a cidade a asistir ao espectáculo.

Na presentación en rolda de prensa desta nova proposta do Auditorio estiveron presentes Iñaki Teixeira, o xerente, e Leonor Gago, directora artística da compañía de Ópera LGAM, encargada da posta en escena que sinalou que se trata dunha “ópera cómica, con moitos gags e momentos divertidos, nos que non soamente se canta senón que tamén se actúa” e aventurou que a xente “o pasa moi ben”.

A compañía LGAM está formada por artistas residentes en España que colaboran regularmente cos Teatros de ópera máis prestixiosos do noso país: “Teatro Real”, “Palau das Arts” de Valencia e “Teatro Liceu” de Barcelona, entre outros. A xira de “El barbero de Sevilla” conta con decorados do Teatro Arxentina de Roma (primeiro teatro no que se representou a obra en 1816) e con vestiario do Teatro Nacional de Ópera de Moldavia.

Trátase dunha ópera bufa en dous actos con música de Gioachino Rossini e libreto en italiano de Cesar Sterbini, baseado na comedia do mesmo nome (1775) de Pierre-Augustin de Beaumarchais.

Redacción

Entradas recientes

El tiempo para hoy en Vigo, 5 de mayo de 2024

Hoy por la mañana en Vigo el cielo estará cubierto con tormentas y lluvia. Según…

17 horas hace

El tiempo para hoy en Vigo, 4 de mayo de 2024

Durante las primeras horas del día en Vigo el cielo estará cubierto con lluvia. Por…

2 días hace

Vigo rexistra unha ocupación hoteleira do 59% no mes de abril

O alcalde cifrou a ocupación hoteleira por turistas internacionais nun 39% do total. A Xunta…

2 días hace

As fontes de Aragón ilumínanse o domingo polo Día mundial da hipertensión pulmonar

Escoitar O Concello súmase á conmemoración desta xornada, que se celebra en todo o mundo…

2 días hace

Caballero pon en valor o apoio ao naval coa Zona de Innovación a despregar en Navalia

Abel Caballero presentou hoxe, con David Regades, a nova Zona de Innovación 2024 que, do…

2 días hace

Esta web usa cookies.