Inicio Últimas Noticias O venres comezan a funcionar as novas ramplas da Gran Vía

O venres comezan a funcionar as novas ramplas da Gran Vía

Remata deste xeito a humanización e instalación das ramplas da Gran Vía na Fase II e complétase así o corredoiro ata Praza de España.

O venres inaugúrase a humanización e instalación das ramplas mecánicas da Gran Vía na Fase II. Abel Caballero anunciou a apertura do novo bulevar co novo corredoiro mecánico que vai desde a rúa Venezuela ata Praza España e completa así ese tramo de avenida. O investimento é de 4.235.000 euros, dos cales 3.100.000 son aportados polo Goberno de España a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia financiado cos fondos Next Generation EU.

Para Caballero a obra da Gran Vía “é unha nova forma de entender a cidade, os bulevares, a mobilidade, de eliminar coches das rúas e utilizar un sistema eléctrico sen ruídos e respectuoso co medio ambiente, xa que toda a enerxía que utiliza o Concello é renovable”.

Leer más:   Alumnado do Colexio Quiñones de León aproxímase á Reconquista co programa municipal "A máquina do tempo"

Os case 500 metros de ramplas na Gran Vía salvan unha pendente do 8,5%.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorAbel Caballero presenta a nova maquinaria eléctrica do servizo de limpeza
Artículo siguienteVías e Obras Abel Caballero presenta a nova maquinaria eléctrica do servizo de limpeza Trátase dunha mostra de 7 vehículos, dos 29 previstos neste servizo, entre os que se atopan baldeadoras, varredoras e hidrolimpadoras. A maiores incorporaranse 65 carriños eléctricos autopropulsados para limpeza viaria.