Categorías: Últimas Noticias

O Pleno reclama á Xunta a creación de dúas novas escolas infantís na cidade

A moción socialista recolle a necesidade de poñer en marcha, polo menos, dous novos centros e demanda ao goberno autonómico que financie ao 100% o custo do servizo de atención educativa e comedor do alumnado das escolas infantís municipais.

A Corporación aprobou na sesión plenaria deste mes de marzo a moción defendida polo edil de Educación, Gorka Gómez, cos votos favorables de tódolos grupos agás o PP que se abstivo. O texto lamenta que a Xunta de Galicia non teña creado novas escolas infantís na cidade desde o ano 2012, un período de tempo no que os gobernos de Abel Caballero abriron cinco novos centros, nos que se garante a gratuidade a “miles de familias nos últimos anos”.

Tal e como apuntou o concelleiro, nas escolas municipais “preto do 80% dos alumnos matriculados xa non pagaban nada e na actualidade, a totalidade dos matriculados pagan cota cero en todo o servizo, tanto en atención educativa como no comedor e nos servizos complementarios. Por iso, o Pleno reclama á Xunta que cree dúas novas escolas infantís en Vigo e que financie ao 100% o custo do servizo de atención educativa e comedor (2.338.683 euros) de todos os nenos e nenas das escolas municipais que está a ser asumido integramente polo Concello.

Nadal

O Pleno deu luz verde tamén á moción do grupo municipal socialista instando ao goberno do Partido Popular da Xunta de Galicia e aos seus cargos políticos, que desenvolveron unha campaña activa contra o Nadal de Vigo de 2022, a desculparse publicamente con esta cidade. Foi aprobada coa abstención do grupo mixto e os votos en contra dos populares e do concelleiro non adscrito.

O voceiro socialista, Carlos López Font, censurou que a Xunta de Galicia non cumprise “co seu papel de apoio a unha cidade galega” que se converteu en referencia mundial do turismo centrando os seus esforzos “en exclusividade no Camiño de Santiago, no Xacobeo”. Considera que “hai un agravio comparativo de gran magnitude” que se traduce en “0 euros de apoio” a Vigo fronte ás cantidades millonarias no apoio ao Xacobeo”. A isto súmase, tal e como recolle a moción, o “intento político de poñer trabas, de obstaculizar e de querer pechar o Nadal de Vigo 2022” polo que “deben pedir desculpas a esta cidade”.

Redacción

Entradas recientes

El tiempo para hoy en Vigo, 18 de mayo de 2024

A lo largo de la mañana en Vigo el cielo estará cubierto con tormentas y…

18 horas hace

La batalla por Europa League y la permanencia alcanza su punto álgido en la penúltima jornada de LaLiga EA SPORTS

En la próxima jornada 37 de LALIGA, que se inaugura este sábado 18 de mayo…

1 día hace

Cuarta misión de ISDIN en Mozambique realiza casi 150 cirugías de piel

Un total de 13 médicos especialistas en dermatología de 10 nacionalidades se han desplazado a…

1 día hace

Marlons une fuerzas con Goiko y VICIO en financiación por auge de hamburguesas

Marlons, la emergente cadena de hamburgueserías conocida por sus auténticas “smash burgers” al estilo americano,…

1 día hace

El impacto de las redes sociales en la apariencia de las mujeres según Dove

El 33% de las mujeres sienten presión por alterar su apariencia debido a las imágenes…

1 día hace

El respaldo del fútbol profesional al deporte español en los Juegos de París 2024

Este 2024, año de los Juegos Olímpicos de París que darán comienzo el próximo 26…

1 día hace

Esta web usa cookies.